O 23 de maio, V edición do paseo guiado “Un barrio sen reloxo” con Guido Guía en Lugo

Levamos dende xaneiro sen repetir un dos capítulos máis queridos e populares da serie #OLugoMenosCoñecido… é a hora! Quinta edición de #UnBarrioSenReloxo, entre pitas e historia Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experienciaSeguir lendo “O 23 de maio, V edición do paseo guiado “Un barrio sen reloxo” con Guido Guía en Lugo”

Lugo: unha guía, 21 rutas naturais únicas

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 13 de maio do 2021 O Concello de Lugo, da man do experto en turismo Guido Álvarez lanzará unha web e unha aplicación nas que se describirán máis de vinte trazados por todo o municipio O patrimonio paisaxístico, natural, histórico e gastronómico do Concello de LugoSeguir lendo “Lugo: unha guía, 21 rutas naturais únicas”

21 rutas para coñecer o Lugo máis natural

Artigo publicado no Lugo Xornal o 12 de maio do 2021 A alcaldesa Lara Méndez anunciou un gran proxecto de 21 rutas naturais deseñadas por Guido Álvarez Parga, guía oficial de turismo de Galicia. Anunciouse a creación dunha app e un sitio web A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este mércores o proxecto queSeguir lendo “21 rutas para coñecer o Lugo máis natural”

O Concello anuncia unha guía con 21 rutas naturais de Lugo

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 12 de maio do 2021 O proxecto, que elabora e coordina Guido Álvarez, incluirá itinerarios que partirán do centro, dos barrios e das distintas parroquias do rural. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este mércores o proxecto que está a desenvolver o Concello para crear “unha completaSeguir lendo “O Concello anuncia unha guía con 21 rutas naturais de Lugo”

A canle Guido Guía mantense no top 25 das 50 do Youtube en galego no mes de abril

Un orgullo seguir no top 25 das 50 do Youtube en galego A Lobeira today!! Este mes de abril mudou o sistema de valoración no que agora teñen en conta máis criterios que os suscriptores, e aí seguimos  Vídeo destacado: a entrevista co artista burelés DAViXiNO no festival de arte urbana #Culturbán organizado por Iago Eireos, Espacio Lupa Arte e Cultura e Turismo de Lugo!

Guido Guía volverá guiar no evento enolóxico Lucus in Vino Veritas o 21 e 28 de maio

Moi ilusionado de volver formar parte do marabilloso evento Lucus In Vino Veritas que por segundo ano consecutivo reunirá en Lugo a grandes expertos e amantes da enoloxía e da viticultura, tan importantes son para a nosa provincia! Moitas grazas á organización por contar conmigo para ensinar a cidade!!!

Volven os paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do 8 de maio polo Arde Lucus Cultural

Volve o Arde Lucus Cultural e volven os paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do sábado 8 de maio!!! Anotádevos no enlace que pon esta publicación do Arde Lucus! AVE civitas de Lvcvs Avgvsti Temos a honra de anunciarvos que o “Arde Lvcvs Cvltvral”, o programa de actividades preparatorias ao Arde Lvcvs,Seguir lendo “Volven os paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox a partir do 8 de maio polo Arde Lucus Cultural”

O 22 de maio Irmandade Naviega e Guido Guía organizan #NaviaEnPrimavera co apoio da Deputación de Lugo

Como adiantei neste mes de abril, viñan en camiño moitos anuncios de actividades  Aquí ven unha das máis especiais! #NaviaEnPrimavera, en colaboración cos queridos amigos da asociación veciñal A.V. Irmandade Naviega, o sábado 22 de maio! Unha xornada viaxeira financiada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá  Moi pronto anunciaremosSeguir lendo “O 22 de maio Irmandade Naviega e Guido Guía organizan #NaviaEnPrimavera co apoio da Deputación de Lugo”

Tras 29 edicións “especiais” no 2021, volven novos capítulos das series de paseos con Guido Guía

29 paseos no que vai de ano, hoxe o último dos especiais #OLugoMenosCoñecido e agora comezamos con novidades Marabilla de tarde de natureza e tamén visita ó novo mural do burelés DAViXiNO en Fingoi… proxecto #Culturbán de Iago Eireos, Espacio Lupa Arte e Cultura e Turismo de Lugo! Grazas a todos pola vosa compañía!!

Guido Guía sube ata o posto nº 14 das canles de Youtube en galego máis activas e seguidas

O mes pasado informoume A Lobeira today que a canle de Youtube Guido Guía entraba na lista das 50 canles de Youtube en galego máis activas e seguidas. Na última clasificación subo ata o posto nº 14 Grazas a todos polo apoio! https://www.youtube.com/watch?v=zecea9oS7Dg

En marcha un proxecto de colaboración entre Guido Guía, Taberna Daniel e bares de Lugo

Hoxe estiven cun gran amigo da infancia para concretar un proxectiño moi chulo que me propoñen el e outros amigos dos bares do centro histórico de Lugo… pronto teredes noticias 🤗🤗🤗 Estade atentos ás redes da Taberna Daniel! Grazas, Pablo, por contar sempre conmigo!!

Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo

Esta fin de semana foi unha das máis bonitas que recordo en moito tempo Guiando os paseos #ArteUrbanaLucense e #OLugoDaXuventude polo X aniversario da #CasaDaXuventude, hoxe acabamos comendo xuntos varios dos participantes, e logo asistimos ós Faladoiros da Xuventude Activa para escoitar a grandes lucenses como Gael e Rubén de Gravitty, Nacho Ozores, Cintia Folgueira,Seguir lendo “Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo”

#OLugoMenosCoñecido: 22 paseos con 100% de prazas cubertas no 2021, e 5 novas datas para abril

Cinco datas máis dos paseos especiais #OLugoMenosCoñecido ata o 18 de abril Tamén dous paseos guiados para Xuventude de Lugo este sábado 10 e domingo 11 de abril #ArteUrbana e #OLugoDaXuventude! Despois do día 18 teño que ir vendo! Virán cousiñas polos Ancares, pola Mariña e algunha sorpresa máis Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com!

O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo

Algúns dos meus soños de neno eran coñecer a persoas de todo o mundo, ter bos amigos, viaxar por moitos países… de máis maior soñei poder compartir Lugo e as belezas da vida con moitas persoas… e hoxe é para min un día moi emocionante por unha cifra que me fai unha especial ilusión: 10.000Seguir lendo “O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo”

O calendario de paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía amplía datas ata o 18 de abril

Visto o éxito do formato de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido, ampliamos calendario Imos probar con algún mércores e venres! Por certo, o 10 e 11 de abril non anunciamos paseos porque eses días guiarei outras actividades que se anunciarán pronto Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com! Grazas a todos

Seis paseos polo Lugo menos coñecido con Guido Guía (algúns con listaxe de agarda) ata o 4 de abril

Engadimos un novo paseo ó calendario! Este domingo 28 de marzo Tiña unha actividade que foi cancelada, así que engadimos paseo para este domingo Queda 1 praza para mañá martes, 3 prazas para o xoves, 3 para o martes da semana que ven, e o resto xa estamos con listaxes de agarda Se queres unirte,Seguir lendo “Seis paseos polo Lugo menos coñecido con Guido Guía (algúns con listaxe de agarda) ata o 4 de abril”

Novas datas, ata o 4 de abril, para os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

A serie de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido está sendo neste 2021 un verdadeiro éxito e un fermoso modo de seguir agardando a que a situación sanitaria mellore e poidamos facer novos capítulos e novas series en grupos máis numerosos. Así que… ampliamos calendario! Tomade nota e escribídenos a guidoguiaturismo@gmail.com se queredes inscribirvos

Volveron, en grupos moi reducidos, os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de seis semanas, con límite de 4 persoas + guía, volveron os paseos guiados Unha marabillosa tarde lucense na que tivemos visita de dous amigos de Castroverde e Vilalba (grazas por vir!) e na que volvemos gozar da serie #OLugoMenosCoñecido hoxe moi centrados no querido barrio do Sagrado Corazón Vémonos este martes!!

Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre

Primeiras datas de paseos guiados! Retomamos estes días coa serie #OLugoMenosCoñecido en grupos moi reducidos, e agardaremos un pouco máis para retomar #BarriosLucenses e #OGranLugo Domingo, martes e xoves de 16h00 a 19h00, todos eles paseos sorpresa! Se queredes reservar… bulide! En xaneiro esgotabamos prazas en cuestión de horas. Grazas a todos!! Xa sabedes: guidoguiaturismo@gmail.comSeguir lendo “Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre”