70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña visitan O Carme en 3 grupos

Un mércores e xoves moi especiais. Entre os dous días guei polo #BarrioDoCarme, divididos en 3 grupos, a 70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña. Unha actividade que ía realizarse o 25 de marzo do 2020 e tivemos que postergar ata hoxe pola pandemia. Grazas, amigos, por ser tan xeniais! P.D. UnSeguir lendo “70 asociados do Grupo de Maiores de Telefónica da Coruña visitan O Carme en 3 grupos”

Guido Guía, medio ano no top 25 de canles de Youtube en galego (14º posto en agosto)

Medio ano en Youtube e medio ano no top 25 de canles en galego 💙 14º posto en marzo, 21º en abril 23º en maio, 11º en xuño, 16º en xullo e 14º en agosto 😍 Moitas grazas A Lobeira today e #As50DoYoutube polo que facedes, e grazas a todos os que me apoiades paraSeguir lendo “Guido Guía, medio ano no top 25 de canles de Youtube en galego (14º posto en agosto)”

Volven os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía: o fogar da avelaiona

Un ano despois do capítulo XXII da serie de paseos #OLugoMenosCoñecido, volvemos ao noso proxecto favorito con novas sorpresas O venres 24 de setembro agárdanos o capítulo XXIII cun convidado moi especial: Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza! #OFogarDaAvelaiona Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. OSeguir lendo “Volven os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía: o fogar da avelaiona”

A Piringalla ou o barrio Feijoo, algúns dos destinos das xornadas #LugoÉArtesanía desta fin de semana

Despois de máis de dous meses percorrendo a provincia, as xornadas viaxeiras #LugoÉArtesanía do Centro de Artesanía e Deseño chegan a algúns dos barrios da cidade de Lugo: A Piringalla, barrio Feijoo, Sagrado Corazón, centro histórico, A Milagrosa… Acompañados por Guido Guía, o sábado os participantes farán visitas culturais á cidade e coñecerán de pretoSeguir lendo “A Piringalla ou o barrio Feijoo, algúns dos destinos das xornadas #LugoÉArtesanía desta fin de semana”

A arte urbana vertebra os paseos en bici por Lugo

Noticia na Televisión de Galicia o 4 de setembro do 2021 A convocatoria é aberta para todo o mundo pero, debido á pandemia, só pode asistir un número limitado de persoas. Hoxe quedaron ás once da mañá no parque Rosalía de Castro, e Guido vai guiando o paseo. Van parando nos distintos graffiti da cidadeSeguir lendo “A arte urbana vertebra os paseos en bici por Lugo”

Estudantes e profesores do CKZiU Poznań visitaron Lugo en pequenos grupos con Guido Guía

Tarde memorable! Visitas guiadas a Lugo, en inglés, en 3 grupos de 15-16 persoas, para 46 estudantes e profesores polacos do Technikum Elektroniczno-Mechaniczne i Branżowa Szkoła I Stopnia Nr 1 Grazas, amigos de Polonia en Galicia por contar conmigo! De Poznań a Lugo en bus para facer prácticas no CIFP As Mercedes Dopóki się nieSeguir lendo “Estudantes e profesores do CKZiU Poznań visitaron Lugo en pequenos grupos con Guido Guía”

Este sábado, último paseo en bici #PaseArte do verán con Cultura e Turismo de Lugo e Guido Guía

Despois dun verán inesquecible, este sábado desfrutaremos do último paseo en bici deste primeiro ciclo de visitas guiadas #PaseArte con Cultura e Turismo de Lugo Encantaríame contar con vós! Podedes anotarvos na Oficina Municipal de Turismo de Lugo 982251658 Ata o sábado!!!!

Os dous paseos guiados #OCarmeBaixoALúa con Guido Guía encheron prazas na súa estrea en Lugo

Esta fin de semana estreáronse os paseos guiados #OCarmeBaixoALúa con Guido Guía, coincidindo coas recén estreadas melloras do histórico barrio. Uns paseos nocturnos polas agora iluminadas vías históricas e diversos recunchos do barrio, que próximamente continuaremos 🙂

O Carme saca á luz a súa beleza

Artigo publicado en La Voz de Galicia o 11 de agosto do 2021 O barrio loce máis tralo arranxo da Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo O barrio do Carme loce máis limpo, coidado e bonito ao paso da Vía Romana XIX e o Camiño Primitivo. As dúas rutas históricas que discorren pola zona sufriron un lavado de caraSeguir lendo “O Carme saca á luz a súa beleza”

O Carme inicia a súa segunda vida

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 11 de agosto do 2021 ÁLVARO OLLOQUI A estrea das obras no barrio incluíu unha visita guiada para explicar as melloras e un pícnic saudable con música en directo O histórico barrio de O Carme iniciou unha segunda vida que nada ten que ver coa decadenciaSeguir lendo “O Carme inicia a súa segunda vida”

O paseo guiado máis especial da miña vida: melloras e humanización do barrio do Carme

Mañá martes guiarei o paseo máis especial da miña vida. Unha andaina na que se inaugurarán as históricas melloras do meu barrio, o barrio do meu corazón. Toda unha vida defendendo -seguindo os pasos do meu pai Manuel Alvarez Prieto– o valor histórico e natural do Carme, seis anos ensinándoo como guía oficial de Turismo deSeguir lendo “O paseo guiado máis especial da miña vida: melloras e humanización do barrio do Carme”

Xa é posible inscribirse nos 8 paseos guiados #PaseArte do mes de agosto en Lugo

Dende hoxe 1 de agosto xa é posible inscribirse nos paseos guiados -gratuítos- en bici e a pé do ciclo de visitas #PaseArte organizado por Cultura e Turismo de Lugo. Eu serei o voso guía! Se queredes anotarvos é moi sinxelo: basta con acudir á Oficina Municipal de Turismo de Lugo, ou ben chamalos porSeguir lendo “Xa é posible inscribirse nos 8 paseos guiados #PaseArte do mes de agosto en Lugo”

Guido Guía sube ata o 11º posto das canles de Youtube en galego, e bate o seu propio récord

No mes de febreiro decidín abrir unha canle de Youtube e xamais imaxinei estar en ningún tipo de ranking. Por iso é dobremente emocionante estar no 11º posto das canles de Youtube en galego no mes de xuño, despois dun 14º posto en marzo, 21º posto en abril e 23º posto en maio! Moitas grazasSeguir lendo “Guido Guía sube ata o 11º posto das canles de Youtube en galego, e bate o seu propio récord”

O Centrad pón en marcha roteiros para dar a coñecer os recursos culturais e naturais das comarcas a través da artesanía

Artigo na web da Deputación de Lugo Vinte obradoiros participan no programa  “Lugo é artesanía”, que pretende abrir novas vías para complementer as rendas dos profesionais do sector e visibilizar a artesanía O 5 de xullo abre o prazo para inscribirese e participar destas visitas, que se celebrarán nos meses de xullo, agosto e setembroSeguir lendo “O Centrad pón en marcha roteiros para dar a coñecer os recursos culturais e naturais das comarcas a través da artesanía”

Comezan en Lugo as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 1 de xullo do 2021 Desenvolveranse ata setembro, organizadas pola área de Cultura do Concello e realizadas polo guía Guido Álvarez O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acudiu este mércores á primeira ruta turística en bicicleta que oferta a área de Cultura dentro da programación de visitasSeguir lendo “Comezan en Lugo as rutas en bicicleta do ciclo #PaseArte”

Nun soleado domingo volveron os paseos pola arte urbana lucense con Guido Guía

Hoxe foi a VIII edición do paseo guiado #ArteUrbanaLucense e a ledicia foi desbordante. Xa co novo aforo de 20 persoas + guía, compartindo charla con Ruben Paz (Trece trazos) e Abes mentres pintaban nos xardíns da Volta da Viña, e cun solazo marabilloso… tarde de 10! Moitas grazas a todos

O domingo 6 de xuño volven os paseos pola #ArteUrbanaLucense con Guido Guía

Dende o 2 de xaneiro non repetimos un dos nosos capítulos favoritos da serie #OLugoMenosCoñecido… #ArteUrbana! O domingo 6 de xuño será a ocasión de poñernos ao día da enorme cantidade de novas obras lucenses do 2021! Contamos contigo? Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseoSeguir lendo “O domingo 6 de xuño volven os paseos pola #ArteUrbanaLucense con Guido Guía”

Arte urbana, poesía, historia e natureza foron protagonistas na xornada #NaviaEnPrimavera

Hoxe foi un día inesquecible: xornada viaxeira #NaviaEnPrimavera organizada xunto aos amigos da A.V. Irmandade Naviega! Arte urbana dos grandes Yoseba MP e Pavel Yakushev + poesía do marabilloso Toño Núñez + o patrimonio natural e histórico dunha vila de conto! Grazas a todos por vir, e á Deputación de Lugo e á Reserva daSeguir lendo “Arte urbana, poesía, historia e natureza foron protagonistas na xornada #NaviaEnPrimavera”