Volveron, en grupos moi reducidos, os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de seis semanas, con límite de 4 persoas + guía, volveron os paseos guiados Unha marabillosa tarde lucense na que tivemos visita de dous amigos de Castroverde e Vilalba (grazas por vir!) e na que volvemos gozar da serie #OLugoMenosCoñecido hoxe moi centrados no querido barrio do Sagrado Corazón Vémonos este martes!!

Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre

Primeiras datas de paseos guiados! Retomamos estes días coa serie #OLugoMenosCoñecido en grupos moi reducidos, e agardaremos un pouco máis para retomar #BarriosLucenses e #OGranLugo Domingo, martes e xoves de 16h00 a 19h00, todos eles paseos sorpresa! Se queredes reservar… bulide! En xaneiro esgotabamos prazas en cuestión de horas. Grazas a todos!! Xa sabedes: guidoguiaturismo@gmail.comSeguir lendo “Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre”

Unha viaxe polo Alto Miño

Artigo publicado no Nós Diario o 16 de xaneiro do 2021 Un territorio senlleiro camuflado entre comarcas e provincias Agochados entre a toponimia oficial e o marketing turístico atópanse aínda certos territorios galegos, xeográficos e históricos, pouco traballados como destinos viaxeiros casuais ou organizados. Hoxe imos adicarlle un anaco de escritura e lectura a un que ten paraSeguir lendo “Unha viaxe polo Alto Miño”

Estrea da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo”, de Lecer Audiovisual

Moi emocionado. Este é o resultado da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo” que os amigos de Lecer Audiovisual prepararon nas últimas semanas. Quince entrevistas a persoas coas que compartín paseos por Lugo dende o meu regreso no ano 2015. Un traballo marabilloso e recordos para toda a vida Compartiremos máis adianteSeguir lendo “Estrea da reportaxe “Guido Guía, seis anos de paseos por Lugo”, de Lecer Audiovisual”

Fina Amoroso, de Castelo, será a primeira protagonista de #BarriosLucenses con Guido Guía

O vindeiro domingo 17 de xaneiro comezamos un novo proxecto que nos ten a todos moi ilusionados: a serie de paseos #BarriosLucenses, na que capítulo a capítulo iremos descubrindo e redescubrindo os barrios da cidade de Lugo. Despois de 6 anos paseando xuntos pola cidade semana a semana, sacarémoslle partido a tantos coñecementos compartidos, eSeguir lendo “Fina Amoroso, de Castelo, será a primeira protagonista de #BarriosLucenses con Guido Guía”

O primeiro peregrino medrou en Samos

Artigo publicado no Nós Diario o 19 de decembro do 2020 Alfonso II o Casto e os vellos reinos que tanto explican O 2021 será o primeiro ano Xacobeo co Camiño Primitivo declarado como Patrimonio da Humanidade.  Xa son cinco anos dende a declaración da UNESCO, case mil douscentos de andainas entre Oviedo e Compostela, e máis dunSeguir lendo “O primeiro peregrino medrou en Samos”

Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo

Hoxe anunciamos a primeira gran novidade deste ano no proxecto Guido Guía 🙂 Comezamos unha nova serie de paseos guiados chamada #BarriosLucenses ❤ Capítulo a capítulo iremos descubrindo curiosidades e darémoslle protagonismo ós veciños da cidade para xerar un gran intercambio 🌟 Comezamos o domingo 17 con #Castelo! Convidada especial: Fina Amoroso Se queredes inscribirvosSeguir lendo “Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo”

Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana

Hoxe comezamos con moitísima ilusión os paseos guiados do 2021 Foi tempo do sétimo itinerario adicado á #ArteUrbana no que a principal protagonista foi a gran LIDIA CAO e a súa recente obra no 288 da Avenida da Coruña Seguimos con grupos reducidos (5+ guía) polas restricións, e felices de incorporar a moita xente novaSeguir lendo “Comezaron os paseos #OLugoMenosCoñecido 2021 de Guido Guía: VII edición do capítulo #ArteUrbana”

O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de mes e medio de pausa, en xaneiro volvemos á actividade De momento con grupos pequenos (os protocolos marcan un máximo de 6 persoas por grupo incluído o guía) pero con toda a ilusión do mundo Comezamos con tres datas de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido! Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través doSeguir lendo “O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía”

Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo

O último paseo guiado deste ano co meu amigo Paulo Fabio Máximo, e tamén o meu último paseo guiado por un tempo indefinido que agardemos sexa pouco (pois indicaría que imos ben). Hoxe foi o turno das ventás arqueolóxicas e da Domus do Mitreo ❤️ Infinitas grazas asociacións do Arde Lucus e Xuventude de Lugo por ter contado conmigo para esteSeguir lendo “Cuarto e último paseo 2020 de Paulo Fabio Máximo e Güidox: ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo”

Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo

Hoxe foi un día moi especial: paseo guiado #UnBarrioSenReloxo ⏰🐔❤️ terceira edición cumprindo a nova restrición de 5 persoas por grupo (4 + guía) e gozando xuntos da caída do sol -e logo dunha lúa case chea espectacular entre as torres da Catedral- dende as 17h ata as 20h no querido barrio do Carme. Grazas Tania, Henrique, PaulaSeguir lendo “Soleado paseo #UnBarrioSenReloxo con Guido Guía, adaptado á restrición de 5 persoas por grupo”

Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro

Semella que o #BarrioDoCarme pode vivir próximamente a súa primeira posta en valor real da súa historia. Levamos anos reivindicando isto e por iso antes e despois das mudanzas queremos seguir compartindo con vós o noso lugar favorito do mundo. Neste momento seguimos con restricións de 9 persoas + 1 guía para os paseos así que imosSeguir lendo “Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro”

Paulo Fabio Máximo e Güidox pasearon por terceira vez en Lucus Augusti, esta vez no barrio do Carme

O meu terceiro paseo guiado acompañado de Paulo Fabio Máximo (o legado de César Augusto na fundación de Lucus Augusti) estivo adicado nada menos que ó meu barrio, ó meu querido Carme ❤️ Unha marabilla poder gozar xuntos del nesta soleada ☀️ tarde lucense! Vémonos o día 7!

Paseo guiado #OsMundosDoRato de Guido Guía para a Reserva da Biosfera Terras do Miño

Medio ano despois, volveron as actividades da Reserva da Biosfera Terras do Miño e puidemos recuperar aquel paseo previsto para o mes de marzo: #OsMundosDoRato! 🍃💧 Unha gozada compartilo con tan boa xente… moitas grazas á Deputación de Lugo por contar conmigo! ❤️

Guido Guía e Bisagras de Papel presentaron os paseos guiados polo #LugoXenealóxico

E hoxe foi turno tamén do 23º capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… como pasa o tempo! Todo un éxito para o que contamos coa nosa nova querida colaboradora Helena González de Bisagras de Papel… viaxe polo #LugoXenealóxico, a través de arquivos e lugares especiais da cidade! Repetiremos con total seguridade ❤️

Paulo Fabio Máximo e Güidox volveron pasear por Lucus Augusti, desta vez polo barrio da Ponte

Hoxe volvín pasear por Lucus Augusti co meu bo amigo Paulo Fabio Máximo, desta vez polo querido barrio da Ponte, a dous pasos da casa ❤️ Especial visita ás Termas Romanas con ofrenda ás ninfas incluída… que pracer estar vivindo estas experiencias con outro namorado e apaixonado por Lugo como o querido Paulo! #PauloFabioMáximoEGüidox

Guido Guía e Bisagras de Papel homenaxearon o 145º aniversario da chegada do tren a Lugo

Outro día memorable ❤️ Homenaxeando o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo na primeira colaboración entre Bisagras de Papel e Guido Guía 🙂 Seguimos en Lugo coas restricións de 10 persoas por grupo, pero sempre coa mellor enerxía 🌟 Pedro Pozzi, Curros Enríquez, o Conde Pallares, ese mítico San Froilán do 1875… vémonos o ano que ven! ❤️

O 31 de outubro Guido Guía e colaboradores organizan #RedescubrindoAPastoriza

Faltan catro semanas, aínda non sacáramos o cartel -so anunciáramos a data- e sen embargo xa están cubertas as prazas para #RedescubrindoAPastoriza 🤎 Emocionado de levar a VI xornada viaxeira de #RedescubrindoLugo á terra de bos amigos como Patricia Grandío, Susana Seijo, Iago Rodríguez Carballo ou Taberna Ocruceiro Multiaventura ❤️ Grazas Concello da Pastoriza polo apoio!

Terceiro paseo guiado con Guido Guía por barrios históricos para Lucus in Vino Veritas

Despois de tres semanas, hoxe foi o meu último paseo guiado para o gran evento enolóxico Lucus In Vino Veritas 💜 Onde? Por suposto, no barrio do Carme 💚 Último paseo por barrios históricos de Lugo… agardo que desfrutásedes! Foi un gran pracer, amigos ❤️ Grazas a Juanjo Figueroa pola cata post-paseo de hoxe! 🌟

O 26 de outubro #RedescubrindoRibadeo con Guido Guía, Enfoque e O Freixo dos Lobos

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa quinta xornada… #RedescubrindoRibadeo! O 26 de outubro de 10h30 a 18h00, con Guido Guía, enfoquevisitasguiadas e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O custo destaSeguir lendo “O 26 de outubro #RedescubrindoRibadeo con Guido Guía, Enfoque e O Freixo dos Lobos”