17 nacionalidades descubren #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía no especial #BenvidosErasmus

Van moitos anos de paseos guiados en Lugo, pero nunca tantas nacionalidades xuntamos á vez! Nada menos que 17 🇦🇷🇧🇴🇧🇷🇨🇴🇨🇷🇨🇾🇬🇷🇭🇳🇮🇳🇮🇹🇮🇪🇳🇱🇲🇽🇺🇸🇻🇪🇦🇪 contando entre eles con amigos que viñeron dende Narón, A Estrada, Lourenzá, Sarria, Folgoso do Courel, distintos barrios lucenses… impresionante! Moitísimas grazas por acompañarnos nesta aventura que non para! #OLugoMenosCoñecido #BenvidosErasmus ❤️

Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Artigo no Lugo Xornal, publicado o 1 de febreiro do 2020 A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro. Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos polaSeguir lendo “Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)

Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca 🙂 De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo…Seguir lendo “Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)”

Dende hoxe a web “Ocio en Galicia” compartirá información sobre os paseos de Guido Guía

Dende hoxe sumamos unha nova canle de difusión para os paseos de Guido Guía e sobre todo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Ás xa habituais durante estes meses (VivaLugo, Televisión de Galicia, Galicia Confidencial, Nós Diario, Lugo Xornal, Tic – Servizo de Audiovisuais, Cope Lugo, Radio Voz, Radio Galega, La Voz de Galicia, Onda Cero Lugo, Ràdio Sant Boi, Radio Lugo Cadena SER… súmase agora Ocio en Galicia! Moitísimas grazas ❤️

6 países e 3 continentes descubren en Lugo #OPrimeiroCamiño con Guido Guía

Esta tarde foi tempo do capítulo XVI dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 🙂 Amigos de Irlanda 🇮🇪 Uruguai 🇺🇾 Reino Unido 🇬🇧 Arxentina 🇦🇷 India 🇮🇳… de varias localidades galegas (Vilalba, Santiago, Ourense, A Coruña, Outeiro de Rei, Ferrol) e por suposto lucenses acompañáronnos percorrendo #OPrimeiroCamiño, o que Alfonso II fixo alá polo século IX… moitas grazas a todos por unha finde incrible!! ❤️

O 9-F #OLugoMenosCoñecido terá como convidado ó fotógrafo profesional Hugo Fernández Balseiro

Lugo é unha cidade marabillosa para os amantes da fotografía ❤ por iso, dende #OLugoMenosCoñecido, imos adicarlle o capítulo XVII desta saga 🙂 Será o 9 de febreiro e contaremos cun convidado moi especial: o fotógrafo profesional e profesor na Fundación TIC Hugo Fernández Balseiro. Botádelle un ollo á súa obra en redes ou áSeguir lendo “O 9-F #OLugoMenosCoñecido terá como convidado ó fotógrafo profesional Hugo Fernández Balseiro”

O 2 de febreiro Guido Guía organiza un paseo #OLugoMenosCoñecido para recibir ós novos Erasmus

A semana que ven comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus Terra USC, e con elo a chegada de ducias de estudantes internacionais a Lugo. Dende Guido Guía lanzamos un paseo especial #OLugoMenosCoñecido para recibilos na nosa cidade (a metade de prezo para estudantes de todo tipo) pero totalmente aberto a todoSeguir lendo “O 2 de febreiro Guido Guía organiza un paseo #OLugoMenosCoñecido para recibir ós novos Erasmus”

O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago

Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedesSeguir lendo “O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago”

Medio centenar de persoas de Lugo e do mundo descubren #OBosqueSagrado con Guido Guía

Emocionado unha semana máis ca acollida dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe foi o turno do capítulo XV #OBosqueSagrado e nos acompañaron a través da historia e da natureza da cidade nada menos que 55 persoas de toda a xeografía galega, de varios países 🇦🇷🇧🇷🇬🇧🇯🇲🇮🇪 e por suposto moitos compatriotas lucenses 🙂 Moitas grazas a Sabela Uriz pola preciosa reportaxe fotográfica ❤️