Gran V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense e 1º aniversario do proxecto Guido Guía

Hoxe foi outro día para a memoria: o V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ coa marabillosa colaboración con Diego AS (Otro prisma), Yoe 33 e Marcos Pereira (Concepto Circo)… e tamén de máis membros de ambos colectivos artísticos. Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía! Non podo ser máis feliz na compañía de tanta xente linda… grazas a todos! ❤️

Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía e vídeo-recompilación para celebralo

Mañá 13 de agosto o proxecto Guido Guía cumprirá un ano de vida, e non podía deixalo pasar sen un recordo para todos vós! Grazas de corazón por facerme feliz 💙 Non deixedes de ler a miña mensaxe do vídeo!!! Vémonos nas rúas e nos camiños ✨✨✨❤

Gran paseo de aventura polo Miño para festexar en Lugo o Día Mundial da Xuventude 2020

Un día de refresco 💧😍 no medio deste caloroso verán ☀️ no que os máis aventureiros gozamos dunha #AndainaPolaSostibilidade para o recordo 💚 Paseo pola beira do Miño máis descoñecida para os lucenses 🙂 Grazas Xuventude de Lugo por contar conmigo para festexar así o #DíaMundialDaXuventude… e a todos vós 🌎 por vir!

Gran éxito na primeira ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía en #AMariñaEnRuta: A Pena Abaladoira

Un novo día para o recordo: primeiro roteiro para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu amigo, irmán e compañeiro Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza). Foi o turno da Pena Abaladoira, en Alfoz, un percorrido cheo de misticismo, natureza desbordante, historia e maxia no Xistral… grazas a todos, e a A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar con nós!

#OAnelVerde de Guido Guía triunfou entre os capítulos do proxecto #OLugoMenosCoñecido

Non me gusta comparar… pero o paseo guiado de hoxe foi sen dúbida un dos mellores da historia do proxecto #OLugoMenosCoñecido ❤️ O capítulo XXI #OAnelVerde 🍃💍 quedará para o recordo polo gran ambiente, beleza do día, e tamén por ter sido o primeiro día que superamos os 10 quilómetros… fixemos 18! Grazas a todos ✨✨✨

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido pasearon baixo as estrelas no seu capítulo XX

E esta noite chegou o capítulo XX dos paseos guiados polo Lugo menos coñecido… #LugoBaixoAsEstrelas! ✨❤️ Un paseo no que gozamos camiñando por Lugo de 22h00 a 1h00 baixo un fermoso ceo estrelado… sen dúbida unha experiencia a repetir! Grazas a todos por acompañarnos, e a Begoña Castro Campo por estas fermosas fotografías! 📸👣🌟

V paseo guiado #ArteUrbana lucense e 1ºaniversario do proxecto Guido Guía… 13 de agosto!

A revolución artística lucense vive o seu momento máis álxido 💙 Por esa razón, e tamén para festexar o 1º aniversario do proxecto Guido Guía (naceu o 13/08 do ano pasado), lanzamos o V paseo guiado #ArteUrbana lucense! 🎨✨❤️ Coa colaboración dos grandes amigos e referentes Yoe 33 e Marcos Pereira (Concepto Circo) e Diego AS (Otro prisma) Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a travésSeguir lendo “V paseo guiado #ArteUrbana lucense e 1ºaniversario do proxecto Guido Guía… 13 de agosto!”

Paseos guiados polo #LugoXenealóxico, un novo formato de Guido Guía e Bisagras de Papel

Quedan aínda dous meses, e probablemente lancemos antes outros novos capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero como este paseo xa está deseñado e con data… aí vai! Capítulo XXII e novo formato que agardamos viva moitas edicións máis… #LugoXenealóxico 👥 coa colaboración especial e inestimable de Helena González, de Bisagras de Papel! Se queredes inscribirvosSeguir lendo “Paseos guiados polo #LugoXenealóxico, un novo formato de Guido Guía e Bisagras de Papel”

Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa terceira xornada… #RedescubrindoMuras! O 20 de setembro de 10h00 a 18h00, con Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, e coa inestimable colaboración do Concello de Muras, pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes faceloSeguir lendo “Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras”

Peza de Lecer Audiovisual sobre o IV paseo guiado de Guido Guía pola #ArteUrbana lucense

Non teño palabras para agradecerlle este traballo tan excepcional ós amigos de Lecer Audiovisual ❤️ En camiño moitas colaboracións cun proxecto lucense que vai dar moito que falar! Mil grazas por esta preciosa reportaxe do IV paseo guiado pola #ArteUrbana 🎨✨ lucense, proxecto #OLugoMenosCoñecido 💙

Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo

Quedan aínda dous meses, pero un capítulo tan especial merece a pena anuncialo con tempo. O luns 5 de outubro do 2020 dende o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido celebraremos o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo (o mesmo día, no 1875) co primeiro capítulo en colaboración coa querida Helena González, deSeguir lendo “Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo”

A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña

Artigo publicado no Xornal da Mariña o 31 de xullo do 2020 O Barrio dos Muíños mindoniense e a Pena Abaladoira de Alfoz e a Fraga da Fruna valadourense, en plena Serra do Xistral, protagonizarán os primeiros percorridos A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar eSeguir lendo “A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña”

O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde

Tralo incrible éxito de convocatoria do capítulo XX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido (prazas esgotadas en 5 horas) lanzamos xa o capítulo XXI para o domingo 9 de agosto! Un paseo máis longo (5 horas) pero non menos calmado no que percorreremos e descubriremos #OAnelVerde 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezoSeguir lendo “O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde”

Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas

Dende o inicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido -en setembro- vivimos, ata marzo, nada menos que dezanove capítulos. En xuño retomamos o episodio que tiñamos pendente, e agora toca retomar a saga ❤ Aproveitando un mes de ceos moi despexados como agosto, será o venres 7 o momento do capítulo XX #LugoBaixoAsEstrelas ✨ SeSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas”

O IV paseo guiado pola #ArteUrbana con Guido Guía celebrou a revolución artística lucense

Marabilloso IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ Novo cheo con amigos de Lugo, Lourenzá, A Estrada, León, Barcelona, India, Arxelia, Irlanda, Reino Unido, Ecuador… Hoxe toca un agradecemento especial a Ruben Paz pola súa colaboración permitíndonos velo pintar en directo, e contándonos a historia do seu proxecto Trece trazos! #ArteLucense ❤️

Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia

Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo

Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio

Artigo publicado na web do Concello de Lugo Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria As actividades, para as que haberá 25 prazas dispoñibles, están dirixidas á rapazada entre 14 e 35 anos e desenvolveranse ata outono A área de Xuventude propón, ataSeguir lendo “Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio”

Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia

Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html

Este mércores, Andaina pola Sostibilidade con Guido Guía e Xuventude de Lugo

Coas prazas esgotadas para os dous primeiros #PaseosÓSolpor con Cultura e Turismo de Lugo, comparto o cartel para a #AndainaPolaSostibilidade 💚 que farei para Xuventude de Lugo o vindeiro mércores 15 de xullo ás 10h30. Animádevos a percorrer connosco os #BarriosDoLeste! 🍃🌺🍄🌳 Inscricións en xuventude@lugo.gal 🙂