Hoxe foi o turno da penúltima ruta para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu gran amigo Pedro Rolle O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 Non defraudou “Rinlo, o paraíso en Ribadeo” nunha luminosa ☀ e marabillosa mañá por terras mariñeiras 🌊 e cinematográficas! 🎥😍 Grazas a todos por acompañarnos!
Arquivos de etiqueta:Rutas guiadas Lugo
A arte urbana lucense, imparable: gran éxito no VI paseo guiado por ela con Guido Guía e Rubén Paz
Hoxe foi o turno do VI paseo guiado pola #ArteUrbanaLucense 🎨❤️✨ e gozámolo a pleno 💪 Marabilla de conversa con Ruben Paz (proxecto Trece trazos) mentres pintaba na rúa dos Paxariños, e un gran paseo por novas zonas da cidade. Grazas Lamela “Sensei” e Ana M Dopazo Pérez polas fotazas! 📸😍 Bravo polos nosos artistas!
Guido Guía e Viva Lugo únense para un paseo fotográfico co creador da axenda que cambiou todo: Marcos Loopez
Aproveitamos un día no que este home ten tempo 😎 anotade ben: mércores 2 de setembro ás 19h00… histórico! Primeiro paseo guiado #LugoFotográfico coa persoa que leva varios anos revolucionando a cultura lucense: Marcos Loopez, nada menos que o creador de VivaLugo! A plataforma e medio que cambiou todo nesta cidade. Emoción ❤️ Se queredesSeguir lendo “Guido Guía e Viva Lugo únense para un paseo fotográfico co creador da axenda que cambiou todo: Marcos Loopez”
Beleza natural no Valadouro: ruta do Pozo da Onza con O Freixo dos Lobos e Guido Guía
Esta soleada mañá de agosto gozamos no Valadouro da terceira ruta combinada entre O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza e Guido Guía para o programa #AMariñaEnRuta 💙💚 Pozo da Onza non defraudou e a súa fervenza lucíu esplendorosa nunha nova xornada para o recordo ❤️ Grazas A Mariña lucense turismo por contar con nós!
Maxia, estrelas e luces no III paseo guiado polo #LugoFotográfico con Guido Guía e Iago Viana
Un paseo máxico ✨ esta noite no capítulo #LugoFotográfico III (edición nocturna) ❤️ Marabillosa colaboración do gran fotógrafo Iago Viana nun paseo por algúns dos lugares máis fermosos e fotoxénicos de Lugo. Grazas a todos por acompañarnos nuns solpor, luscofusco e noitiña para a memoria! 📸 #OLugoMenosCoñecido
#OLugoMenosCoñecido e Guido Guía pasearon por #UnBarrioSenReloxo con R. Cabarcos e S. Iglesias
Un dos días máis emocionantes do proxecto Guido Guía ❤️ #OLugoMenosCoñecido capítulo XXIII #UnBarrioSenReloxo ⏰ entre pitas 🐔 e historia ⏳ … 3 horas de paseo mentres o ceo regaba o paraíso perdido do Carme, unha tarde de aventura coa inestimable colaboración do investigador e amigo Ramón Cabarcos, de Santi Iglesias, da Confraría do Carme… inesquecible! Grazas a todos de corazón por acompañarnos na camiñada e noSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido e Guido Guía pasearon por #UnBarrioSenReloxo con R. Cabarcos e S. Iglesias”
Entrevista en Cope Lugo sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá chamoume o amigo Chema Núñez, de Cope Lugo, para falar sobre o movemento social #CoidemosLugo 💚 que a semana pasada lanzamos xunto co gran capi e compañeiro Salva Arco Frias, e co apoio e asesoramento técnico e legal do Concello de Lugo… moitas grazas por este bo rato… pronto haberá novidades! 💪
O martes 25 chega o VI paseo guiado #ArteUrbana lucense con Guido Guía e Rubén Paz (Trece Trazos)
A revolución artística lucense 🎨✨ non se detén, e os paseos guiados a través dela seguen enchendo as súas prazas en cuestión de horas ⏳😍 Por esta razón queremos seguir dándovos oportunidades de descubrila 🧡 O vindeiro martes 25 imos co sexto paseo, coa inestimable colaboración de Ruben Paz (Trece trazos)!! 💪💪🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “O martes 25 chega o VI paseo guiado #ArteUrbana lucense con Guido Guía e Rubén Paz (Trece Trazos)”
Fermoso roteiro botánico en Burela para o programa #AMariñaEnRuta… o sábado seguimos!
Hoxe fixemos en Burela unha das rutas máis bonitas que recorde 🙂 Síntome afortunado de poder estar guiando no programa #AMariñaEnRuta 💙💚 co gran Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza) que é un verdadeiro mago ✨ destas terras. Grazas A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar connosco! Roteiro botánico 🌿🌾🌱❤️
Terceiro #PaseoÓSolpor de Guido Guía en Lugo: homenaxe a Fingoi e ós barrios do Miño
Hoxe foi o turno do terceiro #PaseoÓSolpor ☀️ deste verán para Cultura e Turismo de Lugo… que rato fermoso! Parque Marcos Cela, Acea de Olga, Magoi, Augas Férreas, o Fingoi de Carvalho Calero… grazas a todos por acompañarnos, e unha vez máis a Borja Lamela “Sensei” por unhas fotos espectaculares! Xenio 📸❤️
O día 19 #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía adícanlle un capítulo ó barrio do Carme #UnBarrioSenReloxo
Chega o vindeiro mércores un dos capítulos máis especiais para min no proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Será o XXIII e estará plenamente adicado ó meu barrio preferido da cidade: O Carme, Lugo 💚 Repito o título do artigo que escribín cando no 2015 regresei a Lugo tras 11 anos fóra da miña cidade: #UnBarrioSenReloxoSeguir lendo “O día 19 #OLugoMenosCoñecido e Guido Guía adícanlle un capítulo ó barrio do Carme #UnBarrioSenReloxo”
Gran V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense e 1º aniversario do proxecto Guido Guía
Hoxe foi outro día para a memoria: o V paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ coa marabillosa colaboración con Diego AS (Otro prisma), Yoe 33 e Marcos Pereira (Concepto Circo)… e tamén de máis membros de ambos colectivos artísticos. Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía! Non podo ser máis feliz na compañía de tanta xente linda… grazas a todos! ❤️
Primeiro aniversario do proxecto Guido Guía e vídeo-recompilación para celebralo
Mañá 13 de agosto o proxecto Guido Guía cumprirá un ano de vida, e non podía deixalo pasar sen un recordo para todos vós! Grazas de corazón por facerme feliz 💙 Non deixedes de ler a miña mensaxe do vídeo!!! Vémonos nas rúas e nos camiños ✨✨✨❤
Gran paseo de aventura polo Miño para festexar en Lugo o Día Mundial da Xuventude 2020
Un día de refresco 💧😍 no medio deste caloroso verán ☀️ no que os máis aventureiros gozamos dunha #AndainaPolaSostibilidade para o recordo 💚 Paseo pola beira do Miño máis descoñecida para os lucenses 🙂 Grazas Xuventude de Lugo por contar conmigo para festexar así o #DíaMundialDaXuventude… e a todos vós 🌎 por vir!
Gran éxito na primeira ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía en #AMariñaEnRuta: A Pena Abaladoira
Un novo día para o recordo: primeiro roteiro para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu amigo, irmán e compañeiro Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza). Foi o turno da Pena Abaladoira, en Alfoz, un percorrido cheo de misticismo, natureza desbordante, historia e maxia no Xistral… grazas a todos, e a A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar con nós!
#OAnelVerde de Guido Guía triunfou entre os capítulos do proxecto #OLugoMenosCoñecido
Non me gusta comparar… pero o paseo guiado de hoxe foi sen dúbida un dos mellores da historia do proxecto #OLugoMenosCoñecido ❤️ O capítulo XXI #OAnelVerde 🍃💍 quedará para o recordo polo gran ambiente, beleza do día, e tamén por ter sido o primeiro día que superamos os 10 quilómetros… fixemos 18! Grazas a todos ✨✨✨
Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido pasearon baixo as estrelas no seu capítulo XX
E esta noite chegou o capítulo XX dos paseos guiados polo Lugo menos coñecido… #LugoBaixoAsEstrelas! ✨❤️ Un paseo no que gozamos camiñando por Lugo de 22h00 a 1h00 baixo un fermoso ceo estrelado… sen dúbida unha experiencia a repetir! Grazas a todos por acompañarnos, e a Begoña Castro Campo por estas fermosas fotografías! 📸👣🌟
V paseo guiado #ArteUrbana lucense e 1ºaniversario do proxecto Guido Guía… 13 de agosto!
A revolución artística lucense vive o seu momento máis álxido 💙 Por esa razón, e tamén para festexar o 1º aniversario do proxecto Guido Guía (naceu o 13/08 do ano pasado), lanzamos o V paseo guiado #ArteUrbana lucense! 🎨✨❤️ Coa colaboración dos grandes amigos e referentes Yoe 33 e Marcos Pereira (Concepto Circo) e Diego AS (Otro prisma) Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a travésSeguir lendo “V paseo guiado #ArteUrbana lucense e 1ºaniversario do proxecto Guido Guía… 13 de agosto!”
Paseos guiados polo #LugoXenealóxico, un novo formato de Guido Guía e Bisagras de Papel
Quedan aínda dous meses, e probablemente lancemos antes outros novos capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero como este paseo xa está deseñado e con data… aí vai! Capítulo XXII e novo formato que agardamos viva moitas edicións máis… #LugoXenealóxico 👥 coa colaboración especial e inestimable de Helena González, de Bisagras de Papel! Se queredes inscribirvosSeguir lendo “Paseos guiados polo #LugoXenealóxico, un novo formato de Guido Guía e Bisagras de Papel”
Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras
O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa terceira xornada… #RedescubrindoMuras! O 20 de setembro de 10h00 a 18h00, con Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, e coa inestimable colaboración do Concello de Muras, pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes faceloSeguir lendo “Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras”