Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo

Quedan aínda dous meses, pero un capítulo tan especial merece a pena anuncialo con tempo. O luns 5 de outubro do 2020 dende o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido celebraremos o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo (o mesmo día, no 1875) co primeiro capítulo en colaboración coa querida Helena González, deSeguir lendo “Guido Guía e Bisagras de Papel lanzan un paseo guiado polo 145º aniversario da chegada do tren a Lugo”

A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña

Artigo publicado no Xornal da Mariña o 31 de xullo do 2020 O Barrio dos Muíños mindoniense e a Pena Abaladoira de Alfoz e a Fraga da Fruna valadourense, en plena Serra do Xistral, protagonizarán os primeiros percorridos A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar eSeguir lendo “A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña”

O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde

Tralo incrible éxito de convocatoria do capítulo XX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido (prazas esgotadas en 5 horas) lanzamos xa o capítulo XXI para o domingo 9 de agosto! Un paseo máis longo (5 horas) pero non menos calmado no que percorreremos e descubriremos #OAnelVerde 💚 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezoSeguir lendo “O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde”

Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas

Dende o inicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido -en setembro- vivimos, ata marzo, nada menos que dezanove capítulos. En xuño retomamos o episodio que tiñamos pendente, e agora toca retomar a saga ❤ Aproveitando un mes de ceos moi despexados como agosto, será o venres 7 o momento do capítulo XX #LugoBaixoAsEstrelas ✨ SeSeguir lendo “Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas”

O IV paseo guiado pola #ArteUrbana con Guido Guía celebrou a revolución artística lucense

Marabilloso IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense 🎨✨ Novo cheo con amigos de Lugo, Lourenzá, A Estrada, León, Barcelona, India, Arxelia, Irlanda, Reino Unido, Ecuador… Hoxe toca un agradecemento especial a Ruben Paz pola súa colaboración permitíndonos velo pintar en directo, e contándonos a historia do seu proxecto Trece trazos! #ArteLucense ❤️

Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia

Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo

Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio

Artigo publicado na web do Concello de Lugo Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria As actividades, para as que haberá 25 prazas dispoñibles, están dirixidas á rapazada entre 14 e 35 anos e desenvolveranse ata outono A área de Xuventude propón, ataSeguir lendo “Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio”

Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia

Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html

Este mércores, Andaina pola Sostibilidade con Guido Guía e Xuventude de Lugo

Coas prazas esgotadas para os dous primeiros #PaseosÓSolpor con Cultura e Turismo de Lugo, comparto o cartel para a #AndainaPolaSostibilidade 💚 que farei para Xuventude de Lugo o vindeiro mércores 15 de xullo ás 10h30. Animádevos a percorrer connosco os #BarriosDoLeste! 🍃🌺🍄🌳 Inscricións en xuventude@lugo.gal 🙂

Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense

Catro meses despois do último paseo guiado adicado á #ArteUrbana 🎨 #ArteLucense, regresamos neste mes de xullo coa IV edición dun dos capítulos preferidos por todos na serie #OLugoMenosCoñecido✨ Será o vindeiro domingo 19 de xullo, descubriremos moitas novas obras, e terá unha duración de 4 horas! 💛 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. OSeguir lendo “Guido Guía lanza para o domingo 19 de xullo o IV paseo guiado pola #ArteUrbana lucense”

Comezaron con luz e forza os #PaseosÓSolpor de Guido Guía con Cultura e Turismo de Lugo

Un día moi emocionante para min. Primeira vez que guío para Cultura e Turismo de Lugo, cupo de prazas cubertas en 24 horas, formidable grupo de xente, marabillosas visitas sorpresa, novos amigos, moitas charlas e intercambios, e unha atmósfera imbatible no inicio dos #PaseosÓSolpor ☀️ Moitas grazas, compañeiros, e ata o vindeiro venres 17! #LugoCalidade 🧡

Entrevista en Cope Lugo, proxectos Guido Guía verán 2020

Sumando nunha semana intensa, entrevista 📻 hoxe en Cope Lugo co bo amigo Chema Núñez falando dos proxectos Guido Guía do verán 2020! #RedescubrindoLugo 💓 #OLugoMenosCoñecido 👀 #LugoFotográfico 📸 #LugoFavorito ✨ #ArteUrbana 🎨 + #PaseosÓSolpor ☀ con Cultura e Turismo de Lugo + #AndainasPolaSostibilidade 👣🍃 con Xuventude de Lugo… desfrutaremos! 🙂

Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude

Reseña publicada na web do Concello de Lugo O goberno de Lara Méndez, a través da Área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira ten previsto, para celebrar o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, que se conmemora o 15 de xullo, unha conferencia e unha andaina pola cidade. Concretamente, será unha sesión a cargoSeguir lendo “Andaina con Guido Guía e Xuventude de Lugo polo Día Mundial das Habilidades da Xuventude”

A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor

Reseña publicada na web do Concello de Lugo A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o novo ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor, organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración co guía turístico Guido Álvarez. Maite Ferreiro informou que “se trata de seis visitas guiadasSeguir lendo “A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor”

Día máxico na segunda edición do paseo guiado #LugoFotográfico con Guido Guía e Iago Viana

Onte foi un dos días máis máxicos do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Segunda edición do #LugoFotográfico 📸 coa colaboración especial de Iago Viana. Un grupo de xente marabilloso e unhas fotografías para o recordo ❤️ Grazas a todos por vir e por compartilas! Ata pronto ✨

Gran xornada viaxeira #RedescubrindoAlfoz con Guido Guía e O Freixo dos Lobos

Segunda xornada viaxeira #Redescubrindo, hoxe foi o turno de #RedescubrindoAlfoz e por suposto non defraudou 🙂 Un gran día coa colaboración especial do querido Pedro Rolle, impulsor da iniciativa O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza 🍃 e un referente do turismo da Mariña! Grazas a todos os amigos que nos acompañáchedes!

Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto

Síntome afortunado de que os vellos e os novos proxectos manteñan o éxito dos meses precedentes á crise sanitaria. Dúas semanas despois do regreso dos paseos guiados, celebramos que todas as actividades esgotaron prazas (as permitidas nas medidas de prevención) e o ánimo da xente está máis vivo que nunca. Desfrutamos xa do paseo guiadoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto”

Turismo sensorial no corazón de Lugo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 21 de xuño do 2020 Guido Álvarez guiou a persoas de máis de 80 nacionalidades polo barrio de O Carme O barrio de O Carme é un oasis no medio da cidade. Un lugar bucólico, inspirador e cheo de historia que, ás veces, pasa desapercibido. Ten un potencial innatoSeguir lendo “Turismo sensorial no corazón de Lugo”

Comezaron as xornadas #RedescubrindoLugo no corazón da terra: éxito total no Piornedo

Hoxe foi un día para recordar sempre: comezamos as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo no corazón da terra: Piornedo. Prazas esgotadas, amigos de Lugo e do mundo, e unhas colaboradoras, de sempre, e unha vez máis excepcionais: Lola Piornedo e Isolina, de Piornedo ANDA. Grazas a todos, e ata o próximo domingo en Alfoz! ❤️