Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙

Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo

Despois do éxito dos primeiros 14 capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, dende Guido Guía estamos a repetir nestas Festas algúns dos mellores. Este sábado será o turno de #ArteUrbana, un paseo que estreamos o 12 de outubro e que está a ter moita demanda dende os visitantes da cidade. Queredes descubrir a cantidade de artistasSeguir lendo “Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo”

Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas

Hai catro meses lanceime á aventura de facerme autónomo… e ó pouco tempo naceu, de xeito espontáneo, este fermoso proxecto que leva enganchándonos a pasear xuntos por Lugo nada menos que 14 capítulos 🙂 #OPrimeiro, #Solpor, #BerceDeSanFroilán, #ArteUrbana, #ReservaDaBiosfera, #TheFirstInEnglish, #ArteLucense, #GrazasInmigrantes, #LaNuit, #Amencer, #ParquesInfinitos, #LugoCreativo, #OlladasDeSmartphone e #EnigmasLucenses foron as aventuras vividas… Agora, aproveitandoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas”

Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook GuidoSeguir lendo “Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo”

#OlladasDeSmartphone #OLugoMenosCoñecido: unha experiencia turística observando Lugo dende outro ángulo

Onte  vivimos o capítulo XIII dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cun tema e cun colaborador moi especiais. En #OlladasDeSmartphone, o amigo Iago de Sant (proxecto Microsoños) axudounos a ver Lugo dende outra perspectiva… a través dos nosos teléfonos intelixentes. Compartimos con vós algúns dos fermosos resultados 

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes

De momento non baixa o nivel de emoción nos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 💓 Hoxe vivimos un capítulo moi emotivo para min, adicado á marabillosa pegada que a inmigración deixou e deixa na nosa cidade. Foi emotivo por moitas razóns, pero a primeira delas porque lle demos protagonismo á miña maior fonte de inspiración á hora de mirar aSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes”

Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir

Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións,Seguir lendo “Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir”

Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles eSeguir lendo “Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir”

#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro

Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, ParqueSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro”

O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade

Cas inscricións dos cinco primeiros paseos en bo ritmo, chegou a hora de poñer en valor unha das maiores riquezas da cidade de Lugo: o feito de ser a única capital ibérica ubicada nunha Reserva da Biosfera UNESCO. Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, lanzamos este VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O sexto paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, adicado á biodiversidade”

The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English

After four guided walks through the lesser-known Lugo, it’s time to organize the first promenade in English! Designed for all English speakers who want to discover a different Lugo, not as present in the classic guided tours. Always supported by: Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ If you want to register or have moreSeguir lendo “The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English”

A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido

Cun cheo no primeiro, e cun segundo e terceiro a punto de esgotar prazas, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a través do correoSeguir lendo “A arte urbana lucense será a protagonista do IV paseo guiado #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido, este xoves en Radio Sant Boi

Moltes gràcies a Armando Fernández per la invitació a Ràdio Sant Boi, i per donar-nos l’oportunitat de donar a conèixer a Catalunya el projecte Guido Guía i les passejades per #ElLugoMenysConegut! #OLugoMenosCoñecido! ❤️ Ens escoltem aquest dijous! 📟📢 

#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019 Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía. Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeiraSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto”

Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz

Unha das mellores cousas que me pasan na vida é ter a sorte de que os medios de comunicación, en xeral, se interesen polos meus proxectos. Hoxe foi tempo de Radio Voz con Félix Jorquera… grazas por darme a oportunidade de presentar os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido que comezan este sábado! Premede no play para escoitar a entrevista e saberSeguir lendo “Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz”

O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán

Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán”