Tag Archives: #OLugoMenosCoñecido

O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados

  En Lugo temos a gran fortuna de vivir na única capital ibérica que se atopa dentro dunha Reserva da Biosfera 🍃💧 e consecuentemente a gran sorte de vivir en compañía de grandes amigos. Uns deles son os amigos alados, ós que o sábado 22 de febreiro queremos facerlles dende #OLugoMenosCoñecido unha bonita homenaxe 🐦🦅❤ […]

#OLugoMenosCoñecido, un proxecto que medra entre orgullo lucense e ambiente internacional

É moi emocionante ver como se vai consolidando o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, e sobre todo ver que se están a cumprir os que eran os meus desexos e soños cando lanzamos a iniciativa. Comezamos nos últimos meses do 2019 cun ambiente moi moi lucense (calculo que un 80% das persoas que viñan ós […]

#LugoFotográfico, un capítulo máxico do proxecto #OLugoMenosCoñecido

Sen palabras unha vez máis #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe 55 persoas de 13 nacionalidades 🇩🇿🇦🇷🇧🇪🇧🇷🇨🇺🇮🇪🇻🇪🇺🇾🇮🇳🇭🇳🇲🇽🇺🇸 e 4 continentes (África, América, Asia, Europa), entre eles moita xente desprazada dende distintos puntos da xeografía galega, e por suposto moitos lucenses neste capítulo XVII titulado #LugoFotográfico 📷 Infinitas grazas Hugo Fernández Balseiro pola túa colaboración… que grande! As mellores fotos chegarán estes días, entre o concurso e todo o […]

Guido Guía na TVG: o incremento dos visitantes na cidade e na provincia de Lugo

Onte fun entrevistado pola Televisión de Galicia para o Telexornal Serán. O motivo, as estatísticas que evidencian o incremento do nº de visitantes na cidade e na provincia de Lugo. Comparto o pequeno fragmento e tamén o texto redactado pola TVG na súa web! 🙂 Moi agradecido! O xeodestino galego cunha mellor evolución en 2019 […]

17 nacionalidades descubren #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía no especial #BenvidosErasmus

Van moitos anos de paseos guiados en Lugo, pero nunca tantas nacionalidades xuntamos á vez! Nada menos que 17 🇦🇷🇧🇴🇧🇷🇨🇴🇨🇷🇨🇾🇬🇷🇭🇳🇮🇳🇮🇹🇮🇪🇳🇱🇲🇽🇺🇸🇻🇪🇦🇪 contando entre eles con amigos que viñeron dende Narón, A Estrada, Lourenzá, Sarria, Folgoso do Courel, distintos barrios lucenses… impresionante! Moitísimas grazas por acompañarnos nesta aventura que non para! #OLugoMenosCoñecido #BenvidosErasmus ❤️

Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Artigo no Lugo Xornal, publicado o 1 de febreiro do 2020 A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro. Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos pola […]

Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)

Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca 🙂 De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo… […]