Medio centenar de persoas de Lugo e do mundo descubren #OBosqueSagrado con Guido Guía

Emocionado unha semana máis ca acollida dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe foi o turno do capítulo XV #OBosqueSagrado e nos acompañaron a través da historia e da natureza da cidade nada menos que 55 persoas de toda a xeografía galega, de varios países 🇦🇷🇧🇷🇬🇧🇯🇲🇮🇪 e por suposto moitos compatriotas lucenses 🙂 Moitas grazas a Sabela Uriz pola preciosa reportaxe fotográfica ❤️    

O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Despois de 14 capítulos en catro meses e tres especiais #FelicesFestas nas últimas semanas, é a hora de retomar a saga #OLugoMenosCoñecido con novos episodios ❤ O domingo 19 de xaneiro agardámosvos para descubrir #OBosqueSagrado que lle deu nome á nosa cidade (Lucus Augusti) na época romana 💚 Queres indagar na historia connosco? 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido”