Tag Archives: #LugoPatrimonioMundial

Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)

Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom da […]

A campaña #LugoPatrimonioMundial inunda as redes sociais no seu primeiro aniversario

Reportaxe do Lugo Xornal, publicada o 14 de febreiro do 2020 Esta iniciativa de Guido Álvarez Parga contou co apoio de centos de veciñas, políticos, deportistas… e conseguiu ser ‘trending topic’ europeo durante doce horas. É unha maneira de visibilizar o apoio á candidatura de Lugo para ser declarada Patrimonio da Humanidade. O 13 de […]

#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!

Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️

Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense

Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo do […]

Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”

Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG: […]

Entrevista en Cope Lugo sobre a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial

Aquí está a entrevista de hoxe con Carmen Hermida en Cope Lugo! Moi agradecido de poder contar a historia do movemento social #LugoPatrimonioMundial! Oito meses inesquecibles que festexaremos hoxe cun paseo, ás 20h, dende o Parque Rosalía ❤

Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán

Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos un […]