Tag Archives: Lugo Xornal

Escapadas galegas: os infinitos parques da cidade de Lugo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Cando imos a Londres non nos perdemos as visitas a Hyde Park, Green Park, St. James Park… todos eles son considerados recursos turísticos e recreativos de primeira liña. Máis pretiño que as illas británicas, na vella capital da Gallaecia, contamos cunha inmensidade de parques digna de ser considerada nos […]

O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Un dos lucenses máis famosos dixérao non hai moito nunha campaña promocional turística: a sociedade luguesa destacouse na historia por agocharlle ó mundo, por razóns diversas que darían para un longo debate, os tesouros que gardan esta marabillosa cidade bimilenaria e a súa provincia. No cibernético século XXI xa […]

#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019 Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía. Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeira […]

Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade

Entrevista de Silvia López para Lugo Xornal, publicada o 19 de agosto do 2019 A Federación de Peñas do CD Lugo, coa colaboración de Guido Álvarez, puxo en marcha unha experiencia piloto: ofrecer visitas guiadas ás afeccións rivais que se despracen ata o Anxo Carro. Buscan apoio institucional para estender o proxecto a máis clubs […]

Gema López, unha pintora lucense alén das fronteiras

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Ata o 12 de abril podemos desfrutar na UNED da súa máis recente exposición: “Renacer” Coñecín a Gema López hai uns anos nas “Cinco Vigas” a través do meu amigo Santi, co que ela estaba tomando algo… ¿seguramente unha mítica tenreira ó viño tinto ou uns champiñóns […]

Inicio de colaboración con Lugo Xornal

Hoxe 15 de marzo comezo a colaborar con Lugo Xornal, o primeiro gran xornal dixital en galego da zona central da provincia de Lugo. Tal e como fago con Galicia Confidencial dende o ano 2013, no Lugo Xornal colaborarei con artigos relacionados con turismo, cultura, deporte e outras temáticas que podan ir xurdindo puntualmente. Vémonos […]

“Hai que inxectar autoestima e concienciar do valor patrimonial de Lugo”

Entrevista no Lugo Xornal publicada o 19 de febreiro do 2019 Guido Álvarez Parga, un dos escasos profesionais habilitados como Guía Oficial de Galicia, pilota a campaña #LugoPatrimonioMundial Por Óscar Bernárdez Por mor do Día Internacional do Guía Turístico, a celebrar o 21 de febreiro, Guido Álvarez Parga, lanza unha ollada ao sector dende a […]