Tag Archives: guidoalvarezp

Guido Guía xa é marca rexistrada (B.O.P.I.)

Unha gran noticia que quero compartir con vós: cando me fixen autónomo decidín invertir en rexistrar a miña marca Guido Guía 🙂 Hoxe, dous meses despois de ser publicada no Boletín Oficial da Propiedade Industrial, non recibiu oposición e podo dicir que xa estou cuberto 🙂

Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir

Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións, […]

Estrea da páxina de servizos de Guido Guía, con visitas temáticas a Lugo en 5 idiomas

Sigo actualizando pouco a pouco a páxina de facebook do proxecto Guido Guía 🙂 Na sección “Servizos” xa podedes encontrar algúns dos primeiros que estou ofrecendo. Moitas grazas polo voso apoio! https://www.facebook.com/pg/guidoguiaturismo/services

Un paseo para o recordo, celebrando 8 fermosos meses de #LugoPatrimonioMundial

Hai pouco vivira algúns dos días máis emocionantes da miña vida profesional, pero o de onte superou todo. Non teño palabras, só dicir que foi fermoso xuntar por #LugoPatrimonioMundial a algunhas das persoas máis bonitas que coñezo. Grazas de corazón e seguimos adiante ❤️ P.D. Grazas por estas fotos extraordinarias que mirarei sempre nos días malos da vida

#OLugoMenosCoñecido segue enchendo corredoiras e cítase de novo para o 5 de outubro

Inmensamente emocionado tralo segundo capítulo dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Onte acompañáronnos na aventura amigos de Letonia, Alemaña, Inglaterra, Irlanda, Colombia, Suiza… achegáronse ata Lugo persoas da Estrada, A Coruña, Antas de Ulla, Meira, Viveiro… impresionante! Tivemos que subir as prazas a 70 por aclamación popular 🙂 Un paseo para o recordo polo Parque Rosalía, Parque […]

Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo

Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo Alonso […]

Participación de Guido Guía nunha mesa redonda do COAG Lugo

Artigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG Lugo) No marco do convenio subscrito entre IGVS, COAG e a USC para a elaboración do plan de dinamización das áreas Rexurbe, o COAG celebrará nas próximas semanas un ciclo de mesas redondas que teñen por obxecto expor e analizar diferentes aspectos relacionados con actuacións de […]