Renovación de contrato en Galicia Infinita

Moi feliz tras renovar esta semana o meu contrato con Galicia Infinita. Moi agradecido pola confianza, e por darme a oportunidade de seguir traballando en algo que me apaixona tanto. Grazas tamén a todos os que apoiades o proxecto vindo ás excursións e viaxes!!! Sen vós sería imposible. Non perdo a oportunidade de animarvos aSeguir lendo “Renovación de contrato en Galicia Infinita”

Estreando sección de colaboración na revista do C.B. Breogán

Onte foi un día moi especial: estreei unha sección de colaboración na revista do equipo da miña vida, o dos meus soños, o C.B. Breogán. Moi agradecido ó club, outra vez, por ofrecerme este oco con tanto valor! “Lugo, Breo e viceversa” comezou no nº 8 de “Fogar do Breogán”, no último partido de 2017,Seguir lendo “Estreando sección de colaboración na revista do C.B. Breogán”

Nova vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: excursión pola Terra Chá!

O noso querido youtuber e estudante do Campus Terra USC sorpréndenos con outra gran vídeo-reportaxe das nosas excursións 🙂 Nesta ocasión, foi a quenda da Terra Chá e os seus preciosos humedais. Unha aventura polo río Ladra, polos Ollos de Begonte, polas lagoas de Riocaldo e Cospeito, por Penas de Rodas… non volo perdades! ESeguir lendo “Nova vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega: excursión pola Terra Chá!”

De Lugo a Lisboa, 5 días de paseos e grandes recordos

No blog de Galicia Infinita Esta ponte de decembro fómonos a Portugal. Vinte persoas de catro países e de todas as idades que acabamos convertidos nunha pequena familia. Fai uns dous meses, nunha das nosas habituais excursións dos sábados, os nosos amigos viaxeiros preguntáronnos si sería posible organizar unha viaxe a Portugal na ponte deSeguir lendo “De Lugo a Lisboa, 5 días de paseos e grandes recordos”

Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega na nosa excursión polas terras do Eo

Como xa sabedes, o pasado sábado fómonos de excursión á Vía Verde do Eo con moita xente de moitos países: Arxentina, Brasil, Portugal, Grecia, Italia, Chile, Turquía, Francia, Uruguai, Reino Unido, Perú, Alemaña, México… Deste último país, máis concretamente do estado de Tamaulipas, procede o noso querido e cada vez máis famoso estudante e youtuber LuísSeguir lendo “Vídeo-reportaxe do mexicano Luis Vega na nosa excursión polas terras do Eo”

Catorce países camiñando polas terras do Eo (A Pontenova-Ribadeo)

No blog de Galicia Infinita Grecia, Uruguai, Turquía, Brasil, Reino Unido, Perú, Alemaña, Chile, Francia, Arxentina, Portugal, México, Italia… todos estes países estiveron presentes este sábado na nosa excursión polas terras do río Eo. Unha saída que levabamos organizando durante moito tempo! O sábado pola mañá reunímonos ás 11h00, nos fornos da Pontenova, cos nosos queridosSeguir lendo “Catorce países camiñando polas terras do Eo (A Pontenova-Ribadeo)”

Piornedo: un paseo polas orixes galaicas con Lola, Isolina e Ron

No blog de Galicia Infinita Gregos, brasileiros, indios, arxentinos, mexicanos e ingleses acompañáronnos a Piornedo e Balboa nunha xornada formidable. Ruta da Moura, Palloza-Museo Casa do Sesto, XXV Magosto Celta… Os Ancares! Onte sábado fómonos de excursión a un dos nosos lugares preferidos. Planeamos unha ruta natural-etnográfica con Isolina Rodríguez e con Lola Piornedo (acompañadasSeguir lendo “Piornedo: un paseo polas orixes galaicas con Lola, Isolina e Ron”

Un día na marabillosa Galicia de Negueira de Muñiz

No blog de Galicia Infinita Desta vez fomos trece mexicanos, dous turcos, unha brasileira, unha estadounidense, unha extremeña e vinte e dous galegos. Un día inesquecible nunha das Galicias máis auténticas e fermosas: Negueira de Muñiz, comarca da Fonsagrada, reserva da biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”. Dende estas terras chegounos a invitaciónSeguir lendo “Un día na marabillosa Galicia de Negueira de Muñiz”

Ruta micolóxica e As San Lucas: formidable sábado mindoniense e internacional

No blog de Galicia Infinita Visitantes de Arxentina, Brasil, Italia e México acompañáronnos nun sábado para o recordo: micoloxía, natureza, historia, gastronomía, feira e festa… todo en un! O día comezou en compañía dos nosos queridos amigos de “O Freixo dous Lobos Ecoturismo e Natureza”… preparáronnos unha formidable ruta micolóxica pola Fraga Vella! Gozamos moito eSeguir lendo “Ruta micolóxica e As San Lucas: formidable sábado mindoniense e internacional”

O Fuciño do Porco e Viveiro en ollos de 11 países

No blog de Galicia Infinita Xordania, Brasil, Estados Unidos, Túnez, Italia, Chile, Turquía, México, Inglaterra, Bolivia, Bélxica… xente de todos estes países acompañounos este sábado a visitar a maxia do occidente da Mariña Lucense. O noso primeiro destino, a famosa ruta polas pasarelas do Fuciño do Porco! Unha senda que sorprendeu ó mundo e queSeguir lendo “O Fuciño do Porco e Viveiro en ollos de 11 países”

Guiando por Lugo ós estudantes do Varendonck College (Holanda)

No blog de Galicia Infinita Esta mañá acompañei pola cidade bimilenaria a un grupo de estudantes holandeses que estes días realizan un intercambio co colexio “La Merced” de Sarria. Procedentes de Someren (ó sur dos Países Baixos), levan dende o pasado luns descubrindo Galicia (en especial a provincia de Lugo) cos seus compañeiros de 4ºSeguir lendo “Guiando por Lugo ós estudantes do Varendonck College (Holanda)”

Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2

O vindeiro luns comezaremos a traballar neste espazo de traballo colaborativo situado no Complexo Lug2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4, en Lugo). Moi ilusionados! Este proxecto, tal e como se define na súa páxina web, consiste nun “espazo flexible que conecta, xera, comparte, enlaza e trata de dar visibilidade e proxección ao talento creativo de Lugo|Galicia.Seguir lendo “Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2”

Visita guiada para a Federación Cogami

O pasado xoves fixen unha nova visita guiada, nesta ocasión cos amigos da Federación Cogami. Comezamos o noso percorrido no Parque Rosalía e baixando as súas costas… desfrutando das boas vistas do río Miño, da Ponte Romana, e de todo o entorno oeste da cidade. Posteriormente, a través do Regueiro das Hortas (Vía Romana XIX,Seguir lendo “Visita guiada para a Federación Cogami”

Xaneiro en Praga

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Na memoria queda esa chegada á estación central de Praga nun nevado mércores de xaneiro. Lembrareino sempre coma o maior shock de beleza que vivín nunca. Síndrome de Stendhal. Algo xa contei no GC sobre a miña viaxe-aventura de xaneiro polo centro de Europa. Un percorrido en tren,Seguir lendo “Xaneiro en Praga”

Novo traballo en Lugo, nunha nova axencia de viaxes

Hoxe comezo con moitísima ilusión a traballar nunha nova axencia de viaxes en Lugo. Moi agradecido pola confianza posta en min, e pola oportunidade de seguir traballando na miña cidade, no meu sector, e facendo o que máis me gusta: promover viaxes por Galicia e polo mundo. Estas primeiras semanas van estar moi orientadas a prepararSeguir lendo “Novo traballo en Lugo, nunha nova axencia de viaxes”

Inspiración en Budapest

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Sempre sentín que Hungría tiña algo especial… agora puiden descubrilo de primeira man. O pasado mes de xaneiro fixen unha das viaxes máis interesantes da miña vida. Creo que vai dar pé a máis dun artigo, e por iso quero comezar por só unha das cidades que visiteiSeguir lendo “Inspiración en Budapest”

Os primos do norte: paseando por Irlanda

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias A penúltima saída ó estranxeiro do 2016 foi a terras celtas. Un paseo por Dublín e Belfast… moi pendente dende sempre! Desta vez non deixei pasar a oportunidade. .. Descubrín unha combinación interesante con voos de baixo custo (Santiago-Barcelona-Dublín-Lisboa por 81 €), e foi así que aproveitei paraSeguir lendo “Os primos do norte: paseando por Irlanda”

Pequena aparición na Televisión de Galicia

Hoxe (xa onte) participei dunha das visitas “Seguindo as pegadas do Camiño Primitivo” organizadas por Cultura e Turismo de Lugo. Foi unha experiencia formidable onde aprendín un montón de cousas! Nun momento do percorrido viñeron da TVG e fixéronnos pequenas entrevistas que logo saíron no Telexornal Serán. Deixo aquí o link para poder ver oSeguir lendo “Pequena aparición na Televisión de Galicia”

Galicia Confidencial consolídase como o primeiro diario electrónico en galego

Hoxe 27 de outubro publicouse esta noticia, que me produce moita alegría. Sempre agradecido a Galicia Confidencial por terme aberto as portas a colaborar no diario dende o pasado 2013. Longa vida! Ligazón ó artigo: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/39417-galicia-confidencial-consolidase-primeiro-diario-electronico-galego Galicia Confidencial (GC) bateu recentemente as súas marcas de audiencia. Este diario alcanzou nestes meses intres de máis de 100.000 páxinasSeguir lendo “Galicia Confidencial consolídase como o primeiro diario electrónico en galego”