Martín Barreiro, Odón Elorza, Lucía Pérez e máis famosos súmanse ó apoio a #LugoPatrimonioMundial

Máis celebridades lucenses nativos, de adopción, ou amantes da cidade uníronse esta fin de semana á campaña de apoio á candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO usando o hashtag #LugoPatrimonioMundial… seguiremos sen parar ata ser Trending Topic Mundial! 🙂 Un dos primeiros foi Martín Barreiro, coñecido home do tempo da TVE (antesSeguir lendo “Martín Barreiro, Odón Elorza, Lucía Pérez e máis famosos súmanse ó apoio a #LugoPatrimonioMundial”

Creación do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar nas redes a candidatura da cidade ó recoñecemento da UNESCO

Hoxe ocorréuseme unha idea: crear un hashtag para apoiar nas redes sociais a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO. Utilicemos dende xa #LugoPatrimonioMundial para visibilizar as marabillas do noso centro histórico e da súa contorna… conseguirémolo! 💚

Incorporación á Lug Open Factory para incubar o meu proxecto profesional

Nas últimas semanas incorporeime á Lug Open Factory (www.lugopenfactory.com), un espazo onde incubarei o meu proxecto profesional acompañado de grandes profesionais ós que xa coñecín durante a miña etapa de traballo no Coworking Lug2. Será un tempo moi interesante e enriquecedor. Un tempo de aprendizaxe, creación e posta en marcha de moitas ideas. Mantereivos informados!

Participando na tertulia baloncestística do programa “De bote en bote” (El Progreso de Lugo)

Esta semana participei por vez primeira neste novo programa deportivo do grupo “El Progreso”. Compartín charla baloncestítica con José Manuel Freire e Paco Basanta (presentadores), e con Antonio Seral e Carlos Ansede (tertulianos). ¿Os temas? A actualidade do Club Baloncesto Breogán, que ven de encadear catro victorias no seu incipiente regreso á élite do baloncestoSeguir lendo “Participando na tertulia baloncestística do programa “De bote en bote” (El Progreso de Lugo)”

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Croacia e O Vello Portomarín

Zagreb, Dražen Petrović, Split, Dubrovnik, Ploče ou O Vello Portomarín foron algúns dos protagonistas do décimo oitavo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 18º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 49)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: a Fronteira da Paz (Uruguai-Brasil) e o barrio de San Lázaro

Rivera e Santana do Livramento, Tacuarembó, Río Grande do Sul ou o barrio de San Lázaro foron algúns dos protagonistas do décimo sétimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 17º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 51)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Grecia e o castro de Viladonga

O ferry de Bari a Patras polo Mediterráneo, o frappé, Atenas ou o Castro de Viladonga foron algúns dos protagonistas do décimo quinto #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 15º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 59)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Bos Aires e o castro de Fazouro

As librerías, cafés e pizzerías de Bos Aires, a Praza Mafalda, a multiculturalidade porteña ou a antiquísima historia do castro de Fazouro foron algúns dos protagonistas do décimo cuarto #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 14º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 46)

Entrevista sobre o proxecto “Experiencias del Destino” na Radio Galega

Esta tarde o recoñecido xornalista Alberto Rivero, do programa “A Tarde” da Radio Galega, achegouse a coñecer in situ o proxecto “Experiencias del Destino”. Entrevistou á directora María Crespo, e a min en condición de coordinador de produto de EdD. Podedes escoitarnos neste podcast dende o minuto 24: http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-04-10-2018-3924910

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Nantes e a Ruta dos Muíños do Mera

Jules Verne, o castelo dos duques de Bretaña, Hocus Pocus ou os Muíños do Mera foron algúns dos protagonistas do duodécimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 12º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 57)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Marrocos e a Seimeira de Vilagocende

Fez, Chefchaouen, Meknes, as ruinas de Volubilis, Rabat ou a famosa seimeira de Vilagocende foron algúns dos protagonistas do décimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 10º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 48)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Berlín e A Ulloa

Alternative Berlín Tours, a universidade Humboldt, o muro, Vilar de Donas, Pambre ou as Torrentes do Mácara foron algúns dos protagonistas do sétimo #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 7º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 56)

“De viaxe con Guido” en Onda Cero: Bosnia e Herzegovina e Negueira de Muñiz

O Interrail, o Balkan Flexipass, Saraxevo, Negueira de Muñiz ou o río Navia foron algúns dos protagonistas do cuarto #DeViaxeConGuido en Onda Cero Lugo. Aquí o podcast deste 4º #DeViaxeConGuido (a partir do minuto 1:01)

Entrevista en Onda Cero sobre as visitas guiadas a Lugo

Hoxe martes volvín a “Lugo en la Onda”, programa de Onda Cero presentado por Lourdes Abuide. Nesta ocasión falamos sobre a miña experiencia como guía turístico na cidade de Lugo. Podcast para escoitalo (dende o minuto 29): http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/lugo/audios-podcast/lugo-en-la-onda-19062018_201806195b291c0b0cf256ded3de9416.html

Branco amencer en Lugo: dous vídeos con medio millón de visitas

Martes pola noite: os telediarios anuncian que a mañá do mércores será en Lugo o momento con máis neve de todo o inverno. Organizamos un encontro para gozalo, espertámonos ás 6h30 e gozamos dunha das estampas máis fermosas de Lugo en moito tempo. Un vídeo nas redes sociais de Galicia Infinita, outro nos perfís doSeguir lendo “Branco amencer en Lugo: dous vídeos con medio millón de visitas”

Lugo, unha capital da historia romana no occidente europeo

Cuarta colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Todo o mundo oíu falar da peregrinación a Santiago de Compostela, todo o mundo oíu falar do máis meridional dos recunchos celtas, moita xente oíu falar do gaiteiro universal Carlos Núñez, do Deportivo, do Celta, do Breogán, do emporio Inditex ou doSeguir lendo “Lugo, unha capital da historia romana no occidente europeo”

A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow

Terceira colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Durante varios milenios a provincia de Lugo gardou un segredo. É hora de compartilo. Díxoo un soado personaxe lucense (non diremos o nome porque non lembramos as palabras exactas) na presentación dunha das últimas campañas turísticas da provincia de Lugo: “Os lucensesSeguir lendo “A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow”

A rúa máis fermosa de Lugo, e unha das máis fermosas do mundo

Segunda colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Os que me coñecen xa saben da miña fixación e filia polo barrio do Carme. Paréceme unha verdadeira xoia, paradoxalmente agochada nun dos lugares máis visibles, céntricos, e fermosos da nosa cidade. Un patrimonio que en certos sensos ten características semellantes ásSeguir lendo “A rúa máis fermosa de Lugo, e unha das máis fermosas do mundo”

Nove países viaxando de Lugo ás Médulas

No blog de Galicia Infinita  Onte retomamos, estreando o 2018, as nosas xa clásicas excursións dos sábados! Foi ocasión de visitar un dos lugares máis espectaculares do noroeste ibérico: a Paisaxe Cultural das Medulas! Unha vez máis estivemos acompañados por xente dunha chea de países: gregos, arxentinos, mexicanos, uruguaios, ingleses, colombianos, portugueses, estadounidenses, venezolanos… unSeguir lendo “Nove países viaxando de Lugo ás Médulas”