Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!

Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂  Comparten isto na súa web: XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ A primeira xornada comezará o venres 18 deSeguir lendo “Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!”

Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)

Publicado no diario El Progreso de Lugo o 26 de setembro do 2019 Dende hai un ano e pico en Lugo falamos moito do Caudal Fest. Sempre me preguntan opinión e nunca podo expresar nada rotundo… Pero despois de asistir a estas dúas primeiras edicións, podo expresar algunhas ideas. – Paréceme que o éxito en cantoSeguir lendo “Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)”

Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán

Despois de lanzar a principios deste ano a campaña #LugoPatrimonioMundial en apoio á eventual candidatura da cidade a converter a totalidade do centro histórico -e parte da contorna- en Patrimonio da Humanidade UNESCO, e ca fin de darlle entre todos visibilidade na rede ós motivos (lugares e belezas) para conseguilo, o vindeiro xoves 3 de outubro damos unSeguir lendo “Paseo con Guido Guía para reivindicar #LugoPatrimonioMundial nos albores do San Froilán”

Primo gruppo in italiano a visitare con Guido Guia la Cattedrale di Lugo

Molto felice dopo il mio primo tour guidato dedicato esclusivamente alla Cattedrale di Lugo… e in italiano! Un bellissimo gruppo, venerdì scorso, di pellegrini di Mantova… l’Italia è sempre nel mio cuore! Grazie mille, amici, per questa bella esperienza ❤️ Moitas grazas artiSplendore polo soporte técnico!

Entrevista a Guido Guía en Radio Sant Boi (con Armando Fernández e Xulio Couxil)

Onte foi un día especial. Entrevistáronme por vez primeira para Ràdio Sant Boi (no programa Galegos no Baix) dúas persoas célebres no mundo da comunicación: Xulio Couxil e Armando Fernandez, este último o primeiro locutor en galego na radio catalana. Unha longa e divertida entrevista que posiblemente teña continuidade… Moltes gràcies, benvolguts amics! 📟🎙🙂

The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English

After four guided walks through the lesser-known Lugo, it’s time to organize the first promenade in English! Designed for all English speakers who want to discover a different Lugo, not as present in the classic guided tours. Always supported by: Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ If you want to register or have moreSeguir lendo “The fifth walk through the #LesserKnownLugo will be the first in English”

#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019 Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía. Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeiraSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto”

Visitas guiadas á Catedral de Lugo con Guido Guía

Moi agradecido á querida Catedral de Santa María de Lugo e a artiSplendore por facilitarme todo o material técnico co que familiarizarme de cara ás visitas, que a partir agora farei dende o proxecto Guido Guía, polo interior dun monumento e templo Patrimonio da Humanidade UNESCO. Nos vindeiros días a primeira, cun grupo de 20 peregrinos italianos! ❤️ #LugoPatrimonioMundial

Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz

Unha das mellores cousas que me pasan na vida é ter a sorte de que os medios de comunicación, en xeral, se interesen polos meus proxectos. Hoxe foi tempo de Radio Voz con Félix Jorquera… grazas por darme a oportunidade de presentar os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido que comezan este sábado! Premede no play para escoitar a entrevista e saberSeguir lendo “Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz”

O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán

Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán”

Entrevista na Radio Galega: Guido Guía e o paseo polo Lugo menos coñecido (14-S)

Esta mañá no mesmísimo Parque Rosalía entrevistoume Cristina Lombao para a Radio Galega. Algo máis de dez minutos de entrevista sobre o proxecto Guido Guía e o paseo #OLugoMenosCoñecido do vindeiro 14 de setembro. Moitísimas grazas a ela, á emisora e ó programa Galicia por diante!! 📻💙

Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro

O vindeiro 14 de setembro (sábado) tes a oportunidade de descubrir un Lugo menos coñecido. Co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organizamos un paseo guiado moi especial e novidoso na cidade. Se queres inscribirte ou informarte podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, o prezo deste primeiro capítulo é deSeguir lendo “Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro”

A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo  O proxecto planea visitas guiadas para os hinchas que se despracen co seu equipo Os afeccionados do Extremadura UD foron os primeiros en gozar dunha visita guiada por Lugo grazas a unha “experiencia piloto” que pretende mostrarlle ós hinchas dos clubs que viaxen ao Anxo Carro osSeguir lendo “A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto”

Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo

Quen me coñece sabe que levo varios meses traballando en varios proxectos profesionais novos, e onte martes anunciei en facebook o que de entre todos me fai máis ilusión: a decisión de comezar a desenvolver, dende xa, a miña marca persoal como guía turístico en Lugo, Galicia e no mundo. Levo xa case quince anosSeguir lendo “Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo”

#LugoPatrimonioMundial, a iniciativa de @guidoalvarezp que quere para toda a cidade a distinción de Patrimonio da Humanidade

Publicado en vigoalminuto.com  O guía turístico Guido Álvarez Parga vén de lanzar a iniciativa #LugoPatrimonioMundial que ten coma obxectivo que a cidade máis antiga de Galicia pase a ser Patrimonio da Humanidade no seu conxunto. Álvarez Parga afirma que ista é unha maneira de espallar o recoñecemento que xa ten a Muralla- que dende o ano 2000 eSeguir lendo “#LugoPatrimonioMundial, a iniciativa de @guidoalvarezp que quere para toda a cidade a distinción de Patrimonio da Humanidade”

Visita ó proxecto Muramiñae polo Día Mundial do Medio Ambiente

Onte, no #DíaMundialDoMedioAmbiente, varias persoas asistimos ás visitas organizadas polo proxecto Muramiñae para explicar as primeiras intervencións que fixeron no barrio do Carme. Segundo dixeron, próximamente iniciaranse unhas catas arqueolóxicas… un tema que debe interesarnos e moito a todos os lucenses. Entrevistoume o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.  

Salvemos o Regueiro das Hortas, Camiño Primitivo, a rúa máis fermosa de Lugo

Chamáronme hai pouco tempo do Progreso para unha reportaxe sobre o Camiño Primitivo -que saiu onte no xornal- e coma sempre falei sobre o seu paso polo barrio do Carme. Como a reportaxe trataba máis sobre os aspectos negativos e cuestións a mellorar, aproveitei para sacar un tema que leva anos preocupándome, sobre todo dendeSeguir lendo “Salvemos o Regueiro das Hortas, Camiño Primitivo, a rúa máis fermosa de Lugo”

Comentarios sobre o Camiño Primitivo nunha reportaxe do diario El Progreso

Como promotor turístico, guía, e romántico galego que son, tendo a compartir máis cousas positivas que negativas… pero a crítica é sempre necesaria para mellorar. Hoxe unha reportaxe de Carmen Uz no diario El Progreso recolle algunhas impresións miñas, ou dos turistas/peregrinos ós que guío, sobre o Camiño Primitivo. En especial, sobre o desvío queSeguir lendo “Comentarios sobre o Camiño Primitivo nunha reportaxe do diario El Progreso”

Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos

Hai 20 días comecei a campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio da Humanidade, ampliando así o recoñecemento que a UNESCO lle deu no 2000 e no 2015 á Muralla Romana, á Catedral de Santa María e ó Camiño Primitivo. Un dos principais obxectivos desta iniciativaSeguir lendo “Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos”