100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades

A previsión non fallou e onte foi o día máis fermoso da miña vida como profesional. Preto de 100 persoas 🚶‍♀️🚶‍♂️ de máis de 30 nacionalidades 🌏 e 4 continentes (África, América, Asia e Europa) desfrutamos coma nenos entre o paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, a foliada 🥁, os petiscos 🥙 e a fermosa festa 🎉 organizada cos marabillosos amigos da Asemblea de Humanidades Lugo. Formidable e inesquecibleSeguir lendo “100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades”

#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020

Xusto no aniversario da campaña #LugoPatrimonioMundial chamáronme da Televisión de Galicia para acompañar a Ricardo Saavedra e a Fun Polo Aire a dar un paseo polo centro histórico de Lugo. Sabedes que está participando no concurso #PresumeDeBarrio como candidato a mellor barrio de Galicia no 2020? O ano pasado participou A Piringalla lucense e gañou o de Canido, en Ferrol 🙂 P.D.Seguir lendo “#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020”

Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC

Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñasSeguir lendo “Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC”

Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!

Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesadaSeguir lendo “Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!”

#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!

Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️

Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense

Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo doSeguir lendo “Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense”

O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados

  En Lugo temos a gran fortuna de vivir na única capital ibérica que se atopa dentro dunha Reserva da Biosfera 🍃💧 e consecuentemente a gran sorte de vivir en compañía de grandes amigos. Uns deles son os amigos alados, ós que o sábado 22 de febreiro queremos facerlles dende #OLugoMenosCoñecido unha bonita homenaxe 🐦🦅❤Seguir lendo “O 22 de febreiro #OLugoMenosCoñecido adicaralle o seu capítulo XVIII ós amigos alados”

#LugoFotográfico, un capítulo máxico do proxecto #OLugoMenosCoñecido

Sen palabras unha vez máis #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe 55 persoas de 13 nacionalidades 🇩🇿🇦🇷🇧🇪🇧🇷🇨🇺🇮🇪🇻🇪🇺🇾🇮🇳🇭🇳🇲🇽🇺🇸 e 4 continentes (África, América, Asia, Europa), entre eles moita xente desprazada dende distintos puntos da xeografía galega, e por suposto moitos lucenses neste capítulo XVII titulado #LugoFotográfico 📷 Infinitas grazas Hugo Fernández Balseiro pola túa colaboración… que grande! As mellores fotos chegarán estes días, entre o concurso e todo oSeguir lendo “#LugoFotográfico, un capítulo máxico do proxecto #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía alcanza 5000 seguidores en 5 meses, e programa un 2020 moi lucense

Difícil atopar as palabras para agradecervos tanto apoio e compañía. En cinco meses xa somos cinco mil… nada menos que mil por mes! Un Pazo dos Deportes case a rebentar de bos amigos e compañeiros de viaxe ❤️ Grazas de corazón… sigamos descubrindo xuntos Lugo e o mundo! 🙂 Vémonos este domingo ás 16h00 no Parque Rosalía ✨

Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)

Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca 🙂 De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo…Seguir lendo “Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)”

Dende hoxe a web “Ocio en Galicia” compartirá información sobre os paseos de Guido Guía

Dende hoxe sumamos unha nova canle de difusión para os paseos de Guido Guía e sobre todo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Ás xa habituais durante estes meses (VivaLugo, Televisión de Galicia, Galicia Confidencial, Nós Diario, Lugo Xornal, Tic – Servizo de Audiovisuais, Cope Lugo, Radio Voz, Radio Galega, La Voz de Galicia, Onda Cero Lugo, Ràdio Sant Boi, Radio Lugo Cadena SER… súmase agora Ocio en Galicia! Moitísimas grazas ❤️

Guido Guía en Radio Sant Boi presentando #OLugoMenosCoñecido

Para os que non puidéchedes escoitalo o xoves en directo, aquí tedes a entrevista-conversa con Armando Fernandez e Xulio Couxil en Galegos no Baix (Ràdio Sant Boi). Moi emocionante falar por segunda vez con eles, e por primeira vez en persoa! Grazas por permitirme dar a coñecer o proxecto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido en Catalunya!

Dous paseos de Guido Guía en colaboración ca Reserva da Biosfera Terras do Miño para abrir o 2020

Xa están anunciadas as actividades de educación ambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2020. Teño o pracer de comunicarvos que eu impartirei dúas 🙂 Paseos guiados “Os mundos do Miño” o 8 de febreiro e “Os mundos do Rato” o 14 de marzo 🙂🙂🙂 Moitas grazas por contar conmigo! Máis información en: http://inscricions.deputacionlugo.org/…/actividades-medioam…

Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook GuidoSeguir lendo “Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo”

Nacen #AsViaxesDeGuido, proxecto entre Mandala Aventura e Guido Guía

Hoxe é un día moi importante. Hoxe anunciamos un gran proxecto de colaboración entre Guido Guía e Mandala Aventura 🙂 11 anos de amizade que converxen neste soño de seguir organizando viaxes en grupo, pero agora con esta marca definida e de futuro. Alá imos! #AsViaxesDeGuido

Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog: PATRIMONIO LUCENSESeguir lendo “Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural”

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

Lugo Language Exchange: onde Lugo se encontra co mundo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial A vella Lucus Augusti é unha cidade única por moitas razóns. Unha das recentes e menos coñecidas polo gran público é a virtude de ser unha cidade marabillosa para persoas de todo o planeta que buscan un lugar onde vivir, ou para cando menos vivir unha experiencia diferente nasSeguir lendo “Lugo Language Exchange: onde Lugo se encontra co mundo”

Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida

Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa doSeguir lendo “Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida”

Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles eSeguir lendo “Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir”