Tag Archives: @guidoalvarezp

Guido Guía en Radio Sant Boi presentando #OLugoMenosCoñecido

Para os que non puidéchedes escoitalo o xoves en directo, aquí tedes a entrevista-conversa con Armando Fernandez e Xulio Couxil en Galegos no Baix (Ràdio Sant Boi). Moi emocionante falar por segunda vez con eles, e por primeira vez en persoa! Grazas por permitirme dar a coñecer o proxecto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido en Catalunya!

Dous paseos de Guido Guía en colaboración ca Reserva da Biosfera Terras do Miño para abrir o 2020

Xa están anunciadas as actividades de educación ambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2020. Teño o pracer de comunicarvos que eu impartirei dúas 🙂 Paseos guiados “Os mundos do Miño” o 8 de febreiro e “Os mundos do Rato” o 14 de marzo 🙂🙂🙂 Moitas grazas por contar conmigo! Máis información en: http://inscricions.deputacionlugo.org/…/actividades-medioam…

Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook Guido […]

Nacen #AsViaxesDeGuido, proxecto entre Mandala Aventura e Guido Guía

Hoxe é un día moi importante. Hoxe anunciamos un gran proxecto de colaboración entre Guido Guía e Mandala Aventura 🙂 11 anos de amizade que converxen neste soño de seguir organizando viaxes en grupo, pero agora con esta marca definida e de futuro. Alá imos! #AsViaxesDeGuido

Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog: PATRIMONIO LUCENSE […]

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

Lugo Language Exchange: onde Lugo se encontra co mundo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial A vella Lucus Augusti é unha cidade única por moitas razóns. Unha das recentes e menos coñecidas polo gran público é a virtude de ser unha cidade marabillosa para persoas de todo o planeta que buscan un lugar onde vivir, ou para cando menos vivir unha experiencia diferente nas […]