#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 15 de setembro do 2019 Prazas esgotadas en 24 horas e unha gran repercusión nas redes no arranque dunha iniciativa turística de Guido Guía. Hai menos dun mes que o guía Guido Álvarez Parga lanzou o seu primeiro proxecto turístico independente, e de momento estase a converter nunha verdadeiraSeguir lendo “#OLugoMenosCoñecido: unha gran iniciativa turística para coñecer o Lugo oculto”

Visitas guiadas á Catedral de Lugo con Guido Guía

Moi agradecido á querida Catedral de Santa María de Lugo e a artiSplendore por facilitarme todo o material técnico co que familiarizarme de cara ás visitas, que a partir agora farei dende o proxecto Guido Guía, polo interior dun monumento e templo Patrimonio da Humanidade UNESCO. Nos vindeiros días a primeira, cun grupo de 20 peregrinos italianos! ❤️ #LugoPatrimonioMundial

Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz

Unha das mellores cousas que me pasan na vida é ter a sorte de que os medios de comunicación, en xeral, se interesen polos meus proxectos. Hoxe foi tempo de Radio Voz con Félix Jorquera… grazas por darme a oportunidade de presentar os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido que comezan este sábado! Premede no play para escoitar a entrevista e saberSeguir lendo “Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, en Radio Voz”

Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega

Onte estivemos na Radio Galega, no programa Galicia por diante, conversando sobre o Turismo en Lugo este verán. Participamos Maite Ferreiro (Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua), Paloma Vázquez (Xefa da área provincial de Turismo da Xunta de Galicia), Jacobo García-Bobadilla (Secretario da Asociación Provincial de Hostelería) e Guido Álvarez Parga (Guía OficialSeguir lendo “Debate local “Turismo en Lugo este verán” na Radio Galega”

O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán

Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecidoSeguir lendo “O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán”

A miña historia cos lanzamentos lonxanos a canastra, e o concurso de triplas deste sábado en Madrid

Vouvos contar unha historia relacionada co especial momento que vou vivir en Madrid este sábado na final do concurso #SeBuscaTriplista2019 🏀👌 de KIA en Zona e ACB – Asociación Clubes Baloncesto… a historia é: de ónde ven a miña afección polos lanzamentos lonxanos a canastra? O inicio de todo foi, obviamente, a chegada do baloncesto á miña vida. Quen foi oSeguir lendo “A miña historia cos lanzamentos lonxanos a canastra, e o concurso de triplas deste sábado en Madrid”

Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro

Ante o enorme éxito do primeiro Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (60 prazas esgotadas en 24 horas) lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o segundo capítulo para o sábado 28 de setembro… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (capítulo II: solpor)! Se queres inscribirte ou informarte podesSeguir lendo “Data confirmada para o 2º paseo guiado polo Lugo menos coñecido: solpor do 28 de setembro”

Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público

Reportaxe no Lugo Xornal, publicada o 31 de agosto do 2019 Trátase dunha iniciativa de Guido Guía prevista para o 14 de setembro. Nela levará os asistentes polos recunchos máis sorprendentes da cidade. As sesenta prazas ofertadas esgotáronse en tan só 24 horas. O guía de turismo Guido Álvarez (Guido Guía) anunciou hai uns días o primeiro paseoSeguir lendo “Unha visita guiada polo ‘Lugo menos coñecido’ esperta un grande interese no público”

Entrevista na Radio Galega: Guido Guía e o paseo polo Lugo menos coñecido (14-S)

Esta mañá no mesmísimo Parque Rosalía entrevistoume Cristina Lombao para a Radio Galega. Algo máis de dez minutos de entrevista sobre o proxecto Guido Guía e o paseo #OLugoMenosCoñecido do vindeiro 14 de setembro. Moitísimas grazas a ela, á emisora e ó programa Galicia por diante!! 📻💙

Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro

O vindeiro 14 de setembro (sábado) tes a oportunidade de descubrir un Lugo menos coñecido. Co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego organizamos un paseo guiado moi especial e novidoso na cidade. Se queres inscribirte ou informarte podes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, o prezo deste primeiro capítulo é deSeguir lendo “Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: sábado 14 de setembro”

Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas

Este mércores 21 de agosto os amigos da Fundación TIC fixéronme unha reportaxe marabillosa, que xa coloco entre as mellores da miña vida ou probablemente incluso a máis especial de todas. Por qué? Porque é a primeira gran reportaxe do meu primeiro proxecto profesional independente: Guido Guía! Pasamos esa mañá percorrendo partes do casco históricoSeguir lendo “Reportaxe de Guido Guía para a Fundación TIC, milleiros de visitas en só 24 horas”

Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade

Entrevista de Silvia López para Lugo Xornal, publicada o 19 de agosto do 2019 A Federación de Peñas do CD Lugo, coa colaboración de Guido Álvarez, puxo en marcha unha experiencia piloto: ofrecer visitas guiadas ás afeccións rivais que se despracen ata o Anxo Carro. Buscan apoio institucional para estender o proxecto a máis clubsSeguir lendo “Cando os partidos do CD Lugo se converten nunha ocasión para dar a coñecer a cidade”

A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo  O proxecto planea visitas guiadas para os hinchas que se despracen co seu equipo Os afeccionados do Extremadura UD foron os primeiros en gozar dunha visita guiada por Lugo grazas a unha “experiencia piloto” que pretende mostrarlle ós hinchas dos clubs que viaxen ao Anxo Carro osSeguir lendo “A afección do Extremadura coñece Lugo a través dunha experiencia piloto”

Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo

Hoxe, xunto coa Federación de Peñas do CD Lugo, fixemos unha experiencia piloto do que pode ser un gran proxecto turístico para a cidade de Lugo e tamén para outras localidades interesadas en experimentalo: visitas guiadas á cidade para as afeccións visitantes que veñan ver ós seus equipos contra as escuadras lucenses: C.D. Lugo, Breogán,Seguir lendo “Experiencia piloto con Guido Guía en busca de apoio institucional: visitas guiadas ás afeccións deportivas visitantes en Lugo”

Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía

Guido Álvarez: Guía que creou a páxina Guido Guía en Facebook para potenciar a súa marca persoal “En Guido Guía compartirei cousas sobre Lugo e Galicia” Por María Orge Canto tempo levas exercendo de guía? Son guía oficial dende hai catro anos. Por que decidiu crear este proxecto persoal na rede social Facebook? Porque levoSeguir lendo “Entrevista no diario El Progreso pola estrea do proxecto Guido Guía”

Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo

Quen me coñece sabe que levo varios meses traballando en varios proxectos profesionais novos, e onte martes anunciei en facebook o que de entre todos me fai máis ilusión: a decisión de comezar a desenvolver, dende xa, a miña marca persoal como guía turístico en Lugo, Galicia e no mundo. Levo xa case quince anosSeguir lendo “Guido Guía: visitas guiadas en Lugo, en Galicia, e no mundo”

Guiando, para Cultura e Turismo de Lugo, no Día Internacional dos Museos

Onte vivín unha das miñas mellores experiencias profesionais. O servizo municipal de turismo da miña cidade (Lugo) contou comigo para ser o guía da ruta “O son dos museos” durante o Día Internacional dos Museos 2016. Unha experiencia fantástica percorrendo os museos municipais da cidade, e desfrutando neles da música do conxunto “Ensemble Lugo Classic”.Seguir lendo “Guiando, para Cultura e Turismo de Lugo, no Día Internacional dos Museos”