Tag Archives: Guido Guía

Entrevista en Radio Lugo Cadena Ser #LugoFavorito

Moitísimas grazas a Radio Lugo Cadena SER por unirse á iniciativa do hashtag #LugoFavorito e por darme a oportunidade de falar sobre ela no 95.6 FM 🙂 Aquí tedes a entrevista completa por se queredes escoitala, e non vos esquezades de compartir recordos e lugares do voso #LugoFavorito! 💙

Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito

Amigos e compañeiros de profesión animáronme estes días a pensar nalgunha posible campaña para sumar enerxía positiva e entretemento nestes días de illamento. Isto foi o que se me ocorreu 🙂 Anímovos a todos a participar! #LUGOFAVORITO (lugares e recordos en palabras, sen fotografías) Son estes días para viaxar polos nosos recordos, e tamén días para voar […]

Actualidade Guido Guía

Estiven todos estes días agardando o máximo posible antes de comunicar nas redes algo sobre a situación excepcional que estamos a vivir. Mantereime na liña de comunicar o mínimo posible, o imprescindible, xa que creo que en situacións deste tipo debemos guiarnos polas opinións expertas e non contribuir á confusión e ó barullo. A través […]

Arte Urbana para adornar cun graffiti o caseto que está fronte á Pista Vermella

Artigo do diario La Voz de Galicia (M. Guntín), publicado o 10 de marzo do 2020 O edil Miguel Fernández sinalou que «o obxectivo da iniciativa, ademais de mellorar o aspecto da construcción, é o de promover unha acción de arte urbana, moi popular en Lugo, e dar participación a artistas de rúa lucenses» A […]

25 persoas de Lugo e do mundo pasean pola arte urbana lucense con Guido Guía

Moitas grazas a todos por outro día moi emocionante! Terceiro paseo de #ArteUrbana 🎨 dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido ❤️ Un pracer compartir paseo con amigos de Croacia 🇭🇷 Irlanda 🇮🇪 Arxentina 🇦🇷 Grecia 🇬🇷 Reino Unido 🇬🇧 Venezuela 🇻🇪… e tamén a todas as persoas que se desprazaron unha vez máis dende distintos puntos da nosa xeografía para visitarnos e pasar a finde en Lugo! Por suposto grazas a todos artistas lucenses […]

O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense

Trala tremenda repercusión da última obra artística de Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco na rúa Bo Xesús, e trala enorme demanda de moitas persoas de toda Galicia nos últimos meses para que fagamos un novo paseo de #ArteUrbana lucense, lanzamos hai unhas semanas este gran paseo que terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo. […]

Unha radio lucense na metrópole barcelonesa

Reportaxe publicada no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 Coñecín a Armando Fernández e a Xulio Couxil cando comecei a miña andaina como autónomo hai uns meses. O primeiro deles contactoume para facerme unha entrevista sobre o turismo de Lugo, e posteriormente conversei con eles na famosa Radio Sant Boi. Unha […]