Tag Archives: Guido Guía

O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago

Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes […]

Medio centenar de persoas de Lugo e do mundo descubren #OBosqueSagrado con Guido Guía

Emocionado unha semana máis ca acollida dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ Hoxe foi o turno do capítulo XV #OBosqueSagrado e nos acompañaron a través da historia e da natureza da cidade nada menos que 55 persoas de toda a xeografía galega, de varios países 🇦🇷🇧🇷🇬🇧🇯🇲🇮🇪 e por suposto moitos compatriotas lucenses 🙂 Moitas grazas a Sabela Uriz pola preciosa reportaxe fotográfica ❤️    

Guido Guía en Radio Sant Boi presentando #OLugoMenosCoñecido

Para os que non puidéchedes escoitalo o xoves en directo, aquí tedes a entrevista-conversa con Armando Fernandez e Xulio Couxil en Galegos no Baix (Ràdio Sant Boi). Moi emocionante falar por segunda vez con eles, e por primeira vez en persoa! Grazas por permitirme dar a coñecer o proxecto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido en Catalunya!

O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Despois de 14 capítulos en catro meses e tres especiais #FelicesFestas nas últimas semanas, é a hora de retomar a saga #OLugoMenosCoñecido con novos episodios ❤ O domingo 19 de xaneiro agardámosvos para descubrir #OBosqueSagrado que lle deu nome á nosa cidade (Lucus Augusti) na época romana 💚 Queres indagar na historia connosco? 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. […]

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙

Dous paseos de Guido Guía en colaboración ca Reserva da Biosfera Terras do Miño para abrir o 2020

Xa están anunciadas as actividades de educación ambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2020. Teño o pracer de comunicarvos que eu impartirei dúas 🙂 Paseos guiados “Os mundos do Miño” o 8 de febreiro e “Os mundos do Rato” o 14 de marzo 🙂🙂🙂 Moitas grazas por contar conmigo! Máis información en: http://inscricions.deputacionlugo.org/…/actividades-medioam…

My first individual guided tour in Lugo: Jeanenne, from the United States

2020 began professionally in an unbeatable way: with a new experience that will remain forever in my memory: my first guided tour for one person 🙂 She is Jeanenne, from the United States, and she contacted me about a month ago to hire this personalized visit. And how did she discover me? In an American […]