Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito

Amigos e compañeiros de profesión animáronme estes días a pensar nalgunha posible campaña para sumar enerxía positiva e entretemento nestes días de illamento. Isto foi o que se me ocorreu 🙂 Anímovos a todos a participar! #LUGOFAVORITO (lugares e recordos en palabras, sen fotografías) Son estes días para viaxar polos nosos recordos, e tamén días para voarSeguir lendo “Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito”

Actualidade Guido Guía

Estiven todos estes días agardando o máximo posible antes de comunicar nas redes algo sobre a situación excepcional que estamos a vivir. Mantereime na liña de comunicar o mínimo posible, o imprescindible, xa que creo que en situacións deste tipo debemos guiarnos polas opinións expertas e non contribuir á confusión e ó barullo. A travésSeguir lendo “Actualidade Guido Guía”

Arte Urbana para adornar cun graffiti o caseto que está fronte á Pista Vermella

Artigo do diario La Voz de Galicia (M. Guntín), publicado o 10 de marzo do 2020 O edil Miguel Fernández sinalou que «o obxectivo da iniciativa, ademais de mellorar o aspecto da construcción, é o de promover unha acción de arte urbana, moi popular en Lugo, e dar participación a artistas de rúa lucenses» ASeguir lendo “Arte Urbana para adornar cun graffiti o caseto que está fronte á Pista Vermella”

25 persoas de Lugo e do mundo pasean pola arte urbana lucense con Guido Guía

Moitas grazas a todos por outro día moi emocionante! Terceiro paseo de #ArteUrbana 🎨 dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido ❤️ Un pracer compartir paseo con amigos de Croacia 🇭🇷 Irlanda 🇮🇪 Arxentina 🇦🇷 Grecia 🇬🇷 Reino Unido 🇬🇧 Venezuela 🇻🇪… e tamén a todas as persoas que se desprazaron unha vez máis dende distintos puntos da nosa xeografía para visitarnos e pasar a finde en Lugo! Por suposto grazas a todos artistas lucensesSeguir lendo “25 persoas de Lugo e do mundo pasean pola arte urbana lucense con Guido Guía”

O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense

Trala tremenda repercusión da última obra artística de Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco na rúa Bo Xesús, e trala enorme demanda de moitas persoas de toda Galicia nos últimos meses para que fagamos un novo paseo de #ArteUrbana lucense, lanzamos hai unhas semanas este gran paseo que terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo.Seguir lendo “O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense”

Unha radio lucense na metrópole barcelonesa

Reportaxe publicada no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 Coñecín a Armando Fernández e a Xulio Couxil cando comecei a miña andaina como autónomo hai uns meses. O primeiro deles contactoume para facerme unha entrevista sobre o turismo de Lugo, e posteriormente conversei con eles na famosa Radio Sant Boi. UnhaSeguir lendo “Unha radio lucense na metrópole barcelonesa”

100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades

A previsión non fallou e onte foi o día máis fermoso da miña vida como profesional. Preto de 100 persoas 🚶‍♀️🚶‍♂️ de máis de 30 nacionalidades 🌏 e 4 continentes (África, América, Asia e Europa) desfrutamos coma nenos entre o paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, a foliada 🥁, os petiscos 🥙 e a fermosa festa 🎉 organizada cos marabillosos amigos da Asemblea de Humanidades Lugo. Formidable e inesquecibleSeguir lendo “100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades”

#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020

Xusto no aniversario da campaña #LugoPatrimonioMundial chamáronme da Televisión de Galicia para acompañar a Ricardo Saavedra e a Fun Polo Aire a dar un paseo polo centro histórico de Lugo. Sabedes que está participando no concurso #PresumeDeBarrio como candidato a mellor barrio de Galicia no 2020? O ano pasado participou A Piringalla lucense e gañou o de Canido, en Ferrol 🙂 P.D.Seguir lendo “#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020”

Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC

Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñasSeguir lendo “Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC”

Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!

Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesadaSeguir lendo “Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!”

#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!

Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️

Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense

Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo doSeguir lendo “Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense”

O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Despois de 14 capítulos en catro meses e tres especiais #FelicesFestas nas últimas semanas, é a hora de retomar a saga #OLugoMenosCoñecido con novos episodios ❤ O domingo 19 de xaneiro agardámosvos para descubrir #OBosqueSagrado que lle deu nome á nosa cidade (Lucus Augusti) na época romana 💚 Queres indagar na historia connosco? 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com.Seguir lendo “O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido”

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙

Dous paseos de Guido Guía en colaboración ca Reserva da Biosfera Terras do Miño para abrir o 2020

Xa están anunciadas as actividades de educación ambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño para o primeiro trimestre do 2020. Teño o pracer de comunicarvos que eu impartirei dúas 🙂 Paseos guiados “Os mundos do Miño” o 8 de febreiro e “Os mundos do Rato” o 14 de marzo 🙂🙂🙂 Moitas grazas por contar conmigo! Máis información en: http://inscricions.deputacionlugo.org/…/actividades-medioam…

Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas

Hai catro meses lanceime á aventura de facerme autónomo… e ó pouco tempo naceu, de xeito espontáneo, este fermoso proxecto que leva enganchándonos a pasear xuntos por Lugo nada menos que 14 capítulos 🙂 #OPrimeiro, #Solpor, #BerceDeSanFroilán, #ArteUrbana, #ReservaDaBiosfera, #TheFirstInEnglish, #ArteLucense, #GrazasInmigrantes, #LaNuit, #Amencer, #ParquesInfinitos, #LugoCreativo, #OlladasDeSmartphone e #EnigmasLucenses foron as aventuras vividas… Agora, aproveitandoSeguir lendo “Guido Guía lanza paseos especiais #OLugoMenosCoñecido durante as Festas”

Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Atento á páxina de facebook GuidoSeguir lendo “Guido Guía consolida en decembro as visitas artísticas lucenses co proxecto #LugoCreativo”

Nacen #AsViaxesDeGuido, proxecto entre Mandala Aventura e Guido Guía

Hoxe é un día moi importante. Hoxe anunciamos un gran proxecto de colaboración entre Guido Guía e Mandala Aventura 🙂 11 anos de amizade que converxen neste soño de seguir organizando viaxes en grupo, pero agora con esta marca definida e de futuro. Alá imos! #AsViaxesDeGuido

Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog: PATRIMONIO LUCENSESeguir lendo “Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural”

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!