Tag Archives: Guido Álvarez Parga

#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020

Xusto no aniversario da campaña #LugoPatrimonioMundial chamáronme da Televisión de Galicia para acompañar a Ricardo Saavedra e a Fun Polo Aire a dar un paseo polo centro histórico de Lugo. Sabedes que está participando no concurso #PresumeDeBarrio como candidato a mellor barrio de Galicia no 2020? O ano pasado participou A Piringalla lucense e gañou o de Canido, en Ferrol 🙂 P.D. […]

Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC

Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñas […]

Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!

Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesada […]

#LugoPatrimonioMundial: tendencia europea nas redes o 13 de febreiro do 2020!

Dez da noite. Quedan 2 horas de día, pero xa podemos dicir que #LugoPatrimonioMundial foi unha das tendencias a nivel europeo o 13 de febreiro do 2020 segundo Trendsmap. Un ano despois a emoción segue sendo xigante… o que podemos facer cando estamos unidos neste recuncho do mapa! Grazas a todos! ❤️

Aniversario do hashtag #LugoPatrimonioMundial, consigna para reivindicar o patrimonio lucense

Hai un ano ocorréuseme crear un hashtag para apoiar a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio Mundial. Celebridades, políticos de todas as cores, e decenas de miles de amantes de Lugo o utilizaron. Novo obxectivo: #LugoPatrimonioMundial trending topic mundial o 13 de febreiro! ❤️ Como conseguilo? Publicando fotos e vídeos de Lugo e utilizando o hashtag ó longo do […]

O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Despois de 14 capítulos en catro meses e tres especiais #FelicesFestas nas últimas semanas, é a hora de retomar a saga #OLugoMenosCoñecido con novos episodios ❤ O domingo 19 de xaneiro agardámosvos para descubrir #OBosqueSagrado que lle deu nome á nosa cidade (Lucus Augusti) na época romana 💚 Queres indagar na historia connosco? 🙂 Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. […]

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙