Tag Archives: Coworking Lug2

Nove países e moitas delicias no Xantar Internacional da Lug Open Factory

Hoxe na Lug Open Factory organizamos un Xantar Internacional que me fixo moitísima ilusión tanto pola multiculturalidade dos participantes (9 países) e dos pratos, como sobre todo polo xenial ambiente! Moitísimas grazas a todos por vir e aquí vos deixo un recordo de todas as delicias compartidas: Ensalada xaponesa – Ana e Dave (Galicia e […]

Incorporación á Lug Open Factory para incubar o meu proxecto profesional

Nas últimas semanas incorporeime á Lug Open Factory (www.lugopenfactory.com), un espazo onde incubarei o meu proxecto profesional acompañado de grandes profesionais ós que xa coñecín durante a miña etapa de traballo no Coworking Lug2. Será un tempo moi interesante e enriquecedor. Un tempo de aprendizaxe, creación e posta en marcha de moitas ideas. Mantereivos informados!

Galicia Infinita únese ó proxecto Coworking Lug2

O vindeiro luns comezaremos a traballar neste espazo de traballo colaborativo situado no Complexo Lug2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4, en Lugo). Moi ilusionados! Este proxecto, tal e como se define na súa páxina web, consiste nun “espazo flexible que conecta, xera, comparte, enlaza e trata de dar visibilidade e proxección ao talento creativo de Lugo|Galicia. […]