100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades

A previsión non fallou e onte foi o día máis fermoso da miña vida como profesional. Preto de 100 persoas 🚶‍♀️🚶‍♂️ de máis de 30 nacionalidades 🌏 e 4 continentes (África, América, Asia e Europa) desfrutamos coma nenos entre o paseo guiado #OLugoMenosCoñecido, a foliada 🥁, os petiscos 🥙 e a fermosa festa 🎉 organizada cos marabillosos amigos da Asemblea de Humanidades Lugo. Formidable e inesquecibleSeguir lendo “100 persoas de 30 países descobren #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía e Asemblea de Humanidades”

Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico

A menos de 72 horas da tarde deste domingo, máis de 150 persoas confirmaron a súa asistencia ó paseo máis masivo do proxecto #OLugoMenosCoñecido. Un paseo organizado entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades, apoiado polo Campus Terra e a Universidade de Santiago, e co xeneroso xesto da asociación Cultura do País na cesiónSeguir lendo “Máis de 150 persoas (e sumando) descubrirán este domingo #OLugoMenosCoñecido nun paseo histórico”

Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC

Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñasSeguir lendo “Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC”

O Campus Terra, cada vez máis internacional

Artigo publicado na páxina web do Campus Terra de Lugo sobre o estudantado internacional, con referencia á visita guiada que fixemos o ano pasado na International Week O Campus Terra da USC incrementou en máis de sete puntos a súa taxa de alumnado entrante a través de programas de mobilidade no primeiro semestre deste ano académico, segundoSeguir lendo “O Campus Terra, cada vez máis internacional”

Guiando na International Week 2017 do Campus Terra USC

No blog de Galicia Infinita Onte sábado foi un día moi especial para Galicia Infinita. Xunto con tres profesores do Campus Terra USC (Ana Cabana, Elena Freire e Juan Ortiz) guiamos na ruta de clausura da International Week 2017. Foi esta unha semana moi especial! De luns a xoves visitamos, en distintas facultades, os variadosSeguir lendo “Guiando na International Week 2017 do Campus Terra USC”

A International Week 2017 do Campus Terra USC, no programa Galicia Viva (TVG)

Esta semana, especialmente coa ruta guiada de onte, participamos -con Galicia Infinita- da fermosa International Week 2017 do Campus Terra USC. O xoves estivemos de visita nos estands da Facultade e Humanidades e alí coincidimos co programa Galicia Viva da TVG. Bos recordos! Aquí o enlace para ver a pequena reportaxe (a partir do minuto 29): http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-viva-15