O Gran Lugo

Dende o proxecto Guido Guía estamos aproveitando estas semanas de pausa obrigada para preparar os xa iniciados paseos guiados #BarriosLucenses e tamén unha nova serie que iniciaremos en canto a situación sanitaria o permita: #OGranLugo ♥

Hai un gran Bos Aires, hai un Greater London, hai un Grand Paris… e hai un Gran Lugo. Nada menos que 54 parroquias cheas de historia e natureza que arrodean ó Lugo do centro e dos barrios urbanos.

Tes anécdotas ou curiosidades sobre o teu barrio/parroquia que che gustaría compartir?

Escríbenos a guidoguiaturismo@gmail.com ou comenta nesta publicación! Estaremos moi agradecidos de sumar informacións curiosas!