Portada da revista Enfermeir@s e apoio do COE á campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial

Moi agradecido a Nazaret Gómez e ó Colexio Oficial de Enfermería de Lugo por pedirme a través das redes unha fotografía miña, da Ponte Romana e do río Miño, para este mes de xullo ser portada da súa revista “Enfermeir@s”. Mil grazas máis pola dedicatoria no Limiar, e polo apoio á iniciativa #LugoPatrimonioMundial… entre todosSeguir lendo “Portada da revista Enfermeir@s e apoio do COE á campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial”

Salvemos o Regueiro das Hortas, Camiño Primitivo, a rúa máis fermosa de Lugo

Chamáronme hai pouco tempo do Progreso para unha reportaxe sobre o Camiño Primitivo -que saiu onte no xornal- e coma sempre falei sobre o seu paso polo barrio do Carme. Como a reportaxe trataba máis sobre os aspectos negativos e cuestións a mellorar, aproveitei para sacar un tema que leva anos preocupándome, sobre todo dendeSeguir lendo “Salvemos o Regueiro das Hortas, Camiño Primitivo, a rúa máis fermosa de Lugo”

Proxecto #Empodérate: presentación do libro “Os Bolechas coñecen a xente de Lugo”

Dous meses despois, onte rematamos o ciclo de charlas do proxecto #Empodérate (promovido por Mulleres Empresarias de Lugo a través dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo, e no que eu participei contando a miña experiencia profesional como guía turístico) no Centro Cultural do Vello Cárcere. Un fermoso momento que compartimos de novo con moitosSeguir lendo “Proxecto #Empodérate: presentación do libro “Os Bolechas coñecen a xente de Lugo””

Nove países e moitas delicias no Xantar Internacional da Lug Open Factory

Hoxe na Lug Open Factory organizamos un Xantar Internacional que me fixo moitísima ilusión tanto pola multiculturalidade dos participantes (9 países) e dos pratos, como sobre todo polo xenial ambiente! Moitísimas grazas a todos por vir e aquí vos deixo un recordo de todas as delicias compartidas: Ensalada xaponesa – Ana e Dave (Galicia eSeguir lendo “Nove países e moitas delicias no Xantar Internacional da Lug Open Factory”

Comeza en Lugo a incubación de proxectos do programa europeo AYCH

Onte luns comezou na Lug Open Factory o proceso de incubación de proxectos do programa europeo AYCH en Galicia. Un interesante equipo de mozas e mozos con ideas innovadoras a desenvolver nos vindeiros meses dende a sede lucense desta rede atlántica de incubadoras e “factorías” de ideas. Lucenses, vigueses, venezolanos, colombianos, franceses, mexicanos e turcosSeguir lendo “Comeza en Lugo a incubación de proxectos do programa europeo AYCH”

Primeiro obradoiro do plan #Empodérate coa alcaldesa Lara Méndez no CEIP Illa Verde

Hoxe comecei a miña participación no plan #Empodérate, unha iniciativa liderada por “Mulleres Empresarias de Lugo” e que foi unha das vencedoras nas votacións dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo. Este plan ten como obxectivo o ensinarlle ós nenos e nenas de Lugo que as profesións non dependen do xénero. Que todos podemos aspirarSeguir lendo “Primeiro obradoiro do plan #Empodérate coa alcaldesa Lara Méndez no CEIP Illa Verde”

Primeira experiencia como embaixador do proxecto europeo AYCH: Creative Jam Xixón 2019!

A semana pasada vivín a miña primeira experiencia como embaixador do proxecto europeo AYCH, unha iniciativa transnacional con socios de varios países do arco atlántico e que promove, entre outras cousas, un intercambio continuo entre xóvenes europeos con espírito creativo e emprendedor. A Creative Jam Xixón 2019 foi o mellor exemplo delo: tres intensos díasSeguir lendo “Primeira experiencia como embaixador do proxecto europeo AYCH: Creative Jam Xixón 2019!”

Embaixador do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs

Foi esta unha semana de moitas novidades. A última delas, o nomeamento como embaixador da Atlantic Youth Creative Hubs, un proxecto transnacional europeo que ten en Lugo a súa sede galega. Desenvolverei as miñas actividades como embaixador na Lug Open Factory, un innovador espazo que hai pouco abriu as súas portas na nosa cidade, eSeguir lendo “Embaixador do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs”

Inicio de colaboración con Lugo Xornal

Hoxe 15 de marzo comezo a colaborar con Lugo Xornal, o primeiro gran xornal dixital en galego da zona central da provincia de Lugo. Tal e como fago con Galicia Confidencial dende o ano 2013, no Lugo Xornal colaborarei con artigos relacionados con turismo, cultura, deporte e outras temáticas que podan ir xurdindo puntualmente. VémonosSeguir lendo “Inicio de colaboración con Lugo Xornal”

Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos

Hai 20 días comecei a campaña do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio da Humanidade, ampliando así o recoñecemento que a UNESCO lle deu no 2000 e no 2015 á Muralla Romana, á Catedral de Santa María e ó Camiño Primitivo. Un dos principais obxectivos desta iniciativaSeguir lendo “Participa de #LugoPatrimonioMundial: comparte nas redes os teus lugares lucenses favoritos”

Cinco anos e 5000 seguidores en Twitter… grazas a todos!

Hai xusto 5 anos rexistrábame en twitter e tamén hai xusto uns días superei a barreira dos 5000 seguidores. Todo un lustro cheo de aventuras e experiencias nesta formidable rede social, que é sen dúbida a que máis me aportou a nivel profesional: grazas a ela coñecín (virtual e persoalmente) a moitísima xente interesante, puidenSeguir lendo “Cinco anos e 5000 seguidores en Twitter… grazas a todos!”

En 7 días #LugoPatrimonioMundial une a políticos de todas as cores, e a toda a sociedade lucense

Artistas, empresas, deportistas, institucións, políticos, e toda a sociedade lucense en xeral volcouse na última semana coa iniciativa #LugoPatrimonioMundial. Dende @LionsLugo queremos apoiar a idea de @guidoalvarezp de promover a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade @UNESCO. Utilicemos dende xa #LugoPatrimonioMundial #bruananeboa #lugolions #flagfootball #lugo — Lugo Lions (@LionsLugo) February 20, 2019 PorSeguir lendo “En 7 días #LugoPatrimonioMundial une a políticos de todas as cores, e a toda a sociedade lucense”

Durante a fin de semana #LugoPatrimonioMundial foi un dos hashtags máis utilizados no norte da península

Cinco días de existencia de #LugoPatrimonioMundial e son moitas as persoas que se sumaron á campaña a través das redes sociais. A fin de semana foi o momento álxido, sendo un dos hashtags máis utilizados no norte da península como ben podemos ver neste mapa de trendsmap.com

Martín Barreiro, Odón Elorza, Lucía Pérez e máis famosos súmanse ó apoio a #LugoPatrimonioMundial

Máis celebridades lucenses nativos, de adopción, ou amantes da cidade uníronse esta fin de semana á campaña de apoio á candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO usando o hashtag #LugoPatrimonioMundial… seguiremos sen parar ata ser Trending Topic Mundial! 🙂 Un dos primeiros foi Martín Barreiro, coñecido home do tempo da TVE (antesSeguir lendo “Martín Barreiro, Odón Elorza, Lucía Pérez e máis famosos súmanse ó apoio a #LugoPatrimonioMundial”

Famosos lucenses, nativos ou de adopción, apoian nas redes a campaña #LugoPatrimonioMundial

Alfonso Reyes, J.M. Antúnez, Fidel Fernán, Devin Wright, Rocío Varela, Javi Muñoz, Sergi e Erik Quintela ou Suso Lázare foron algunhas das primeiras personalidades lucenses ou de adopción en apoiar a candidatura de Lugo a Cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO co hashtag #LugoPatrimonioMundial. Quenes serán os próximos en facelo? 🙂 Jose Miguel Antúnez, base históricoSeguir lendo “Famosos lucenses, nativos ou de adopción, apoian nas redes a campaña #LugoPatrimonioMundial”

Gran éxito nos primeiros días do hashtag #LugoPatrimonioMundial… conseguirémolo!

Hai un par de días ocorréuseme a idea de lanzar nas redes sociais o hashtag #LugoPatrimonioMundial, para apoiar a Lugo na súa carreira por ser declarada pola UNESCO como Cidade Patrimonio da Humanidade. En menos de 48 horas os apoios, mencións, rechouchíos e comparticións foi enorme… moitas grazas a todos e a seguir loitando porSeguir lendo “Gran éxito nos primeiros días do hashtag #LugoPatrimonioMundial… conseguirémolo!”

Creación do hashtag #LugoPatrimonioMundial para apoiar nas redes a candidatura da cidade ó recoñecemento da UNESCO

Hoxe ocorréuseme unha idea: crear un hashtag para apoiar nas redes sociais a candidatura de Lugo a cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO. Utilicemos dende xa #LugoPatrimonioMundial para visibilizar as marabillas do noso centro histórico e da súa contorna… conseguirémolo! 💚

Incorporación á Lug Open Factory para incubar o meu proxecto profesional

Nas últimas semanas incorporeime á Lug Open Factory (www.lugopenfactory.com), un espazo onde incubarei o meu proxecto profesional acompañado de grandes profesionais ós que xa coñecín durante a miña etapa de traballo no Coworking Lug2. Será un tempo moi interesante e enriquecedor. Un tempo de aprendizaxe, creación e posta en marcha de moitas ideas. Mantereivos informados!