Category Sen categoría

Reflexións nocturnas sobre Lugo e o noso futuro (Guido Guía)

Dentro dunhas horas marcho tres días de viaxe grazas a unha oferta que vimos estes días en Ryanair. Entre iso e as emocións destes días co aniversario de #LugoPatrimonioMundial, parece que hai pouco sono e moitas ganas de compartir algunhas reflexións sobre estas últimas horas e sobre Lugo en xeral. Un ano despois daquel boom da […]

Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido no número 3 do Nós Diario

Moi moi moi emocionado con esta sorpresa. O novo xornal -tristemente o único diario en galego en papel da actualidade- Nós Diario Sermos Galiza publica isto no seu nº 3 ❤️ Para min é algo histórico e que lembrarei sempre. Infinitamente agradecido! #OLugoMenosCoñecido #XornalismoEnGalego 💙

Participación na “Xornada de prescriptores” de Terras de Miranda, e novos proxectos no horizonte

Moi agradecido polo convite de hoxe a Terras de Miranda – Turismo de Lugo e a Valora Consultores! Foi un pracer falar en Mondoñedo (unha das antigas sete capitais galegas) sobre a miña experiencia no mundo do turismo nesta “Xornada de prescriptores” da Mariña Lucense. Emocionado cas novas colaboracións que se albiscan no horizonte no que é […]

Arte de a pé en Lugo: os “invisibles” que nos alegran a vida

Cando falamos de cidades ricas cultural e artísticamente… en que pensamos exactamente? Que ten que ter unha cidade ou unha localidade para ser considerada rica nese senso? Lugo o é? Déixoo en interrogante e vós me diredes. Onte rematou o San Froilán e para min volveu ser, un ano máis, a festa máis fermosa do […]

Unha mensaxe para todos os amigos!

Os que me coñecedes ben xa sabedes como son: unha persoa moi preocupada sempre polos sentimentos e polos detalles. Levo toda a miña vida respondendo a todas e cada unha das mensaxes que recibo en público e en privado polas redes sociais, por SMS, whatsapp, telegram, e-mail… Non me gusta nada que sexa así, pero […]

Participación nunha moi interesante táboa redonda organizada polo COAG Lugo

Esta foi a miña primeira intervención na táboa redonda “Intervención no espazo público e o uso de espazos abandonados como elementos de dinamización urbana” organizada hoxe polo COAG Lugo 🙂 Moi agradecido polo convite a un evento tan especial e constructivo a prol da nosa cidade! Un pracer de coincidir e aprender dos compañeiros Gonzalo Alonso […]

O capítulo III dos paseos #OLugoMenosCoñecido chegará o día de San Froilán

Cun cheo en 24 horas para o primeiro paseo polo Lugo menos coñecido, e cun segundo a piques de esgotar prazas, lanzamos xa (co apoio da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) o terceiro capítulo para o sábado 5 de outubro, día grande de Lugo… contamos contigo para o Paseo guiado polo Lugo menos coñecido […]