Category Guido Guía

Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog: PATRIMONIO LUCENSE […]

Entrevista en Radio Voz Lugo polo capítulo #LaNuit de #OLugoMenosCoñecido

Moitas grazas a Félix Jorquera e a Radio Voz por interesarvos unha vez máis polos meus paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️ De paso un novo agradecemento a todos os medios (TVG, Radio Galega, Cope Lugo, Onda Cero Lugo, Radio Lugo Cadena SER, Lugo Xornal, VivaLugo, Ràdio Sant Boi, Tic – Servizo de Audiovisuais) que estades mostrando tanto interese polo meu proxecto e axudando a difundilo!

#OLugoMenosCoñecido homenaxea á inmigración lucense no seu #GrazasInmigrantes

De momento non baixa o nivel de emoción nos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido 💓 Hoxe vivimos un capítulo moi emotivo para min, adicado á marabillosa pegada que a inmigración deixou e deixa na nosa cidade. Foi emotivo por moitas razóns, pero a primeira delas porque lle demos protagonismo á miña maior fonte de inspiración á hora de mirar a […]

Éxito do VII paseo guiado #OLugoMenosCoñecido adicado á #ArteLucense: un formato a repetir

Onte vivimos unha nova experiencia dentro dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Foi o turno da #ArteLucense, e as sensacións foron moi boas. Xuntamos un grupo de 14 persoas que puideron gozar dunha mañá de paseo compartida con tres grandes artistas da cidade: Eduardo Fernández, Iago Eireos e Gema López. Con visitas ós seus tres estudos, explicacións, […]

Estrea da páxina de servizos de Guido Guía, con visitas temáticas a Lugo en 5 idiomas

Sigo actualizando pouco a pouco a páxina de facebook do proxecto Guido Guía 🙂 Na sección “Servizos” xa podedes encontrar algúns dos primeiros que estou ofrecendo. Moitas grazas polo voso apoio! https://www.facebook.com/pg/guidoguiaturismo/services

Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”

Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG: […]

Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido

Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧 Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraíso […]