Category Guido Guía

Estrea da páxina de servizos de Guido Guía, con visitas temáticas a Lugo en 5 idiomas

Sigo actualizando pouco a pouco a páxina de facebook do proxecto Guido Guía 🙂 Na sección “Servizos” xa podedes encontrar algúns dos primeiros que estou ofrecendo. Moitas grazas polo voso apoio! https://www.facebook.com/pg/guidoguiaturismo/services Advertisements

Debate na Radio Galega en Lugo: “A candidatura da zona histórica a Ben Mundial”

Esta mañá conversamos na Radio Galega sobre a potencial candidatura de Lugo a ser declarada cidade Patrimonio Mundial UNESCO. Un pracer de compartir charla co historiador Adolfo de Abel Vilela, ca presidenta da Asociación de Empresarios da Tinería Isa Lozano Verdes e ca condutora de Galicia por diante Emma Alonso 📻 Se queredes escoitalo podedes facelo no seguinte podcast da web da RG: […]

Un mar de coloridos paraugas camiñou pola Reserva da Biosfera e por #OLugoMenosCoñecido

Onte foi o turno do VI Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Reserva da Biosfera) 🍃 e as circunstancias convertérono, máis se cabe, nunha celebración da natureza… dese privilexio lucense de ser a única capital ibérica que vive dentro dun espazo RB UNESCO 🍄🍂💧 Choveu, e foi un agasallo do ceo… dalgún xeito hai que regar este paraíso […]

Paseo guiado pola #ArteUrbana lucense con Guido Guía e #OLugoMenosCoñecido: un éxito a repetir

Onte foi un día inesquecible. Dentro do proxecto #OLugoMenosCoñecido foi o turno do primeiro paseo guiado pola #ArteUrbana de Lugo (primeiro tour deste xénero na cidade? Un dos primeiros da xeografía galega?). Un soño feito realidade, imposible sen a axuda de Otro prisma (en especial Diego AS), Concepto Circo (en especial Yoe Brava), o #PrimoDeBanksy e Leandro Barea. Unha homenaxe a eles e […]

Cantas cidades galegas teñen tours adicados á arte urbana? Este sábado, cita en Lugo

Tras un gran éxito de afluencia nos tres primeiros capítulos d´ #OLugoMenosCoñecido, lanzamos o IV Paseo guiado polo Lugo menos coñecido (Arte Urbana). Un capítulo adicado á florecente e marabillosa creatividade nas rúas lucenses! Novamente apoiados pola Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego ❤ Se queres inscribirte ou informarte, podes facelo a través […]

Convidado á xornada de participación cidadá “Lugo, centro do Camiño Primitivo”… Grazas!

Moitas grazas a Lugo, Centro del Camino Primitivo por convidarme a estas xornadas de participación cidadá nas que conversaremos sobre o Camiño Primitivo na cidade de Lugo! Vémonos o venres 18 de outubro na Casa do Saber (Praza Pío XII) 🙂  Comparten isto na súa web: XORNADA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ A primeira xornada comezará o venres 18 de […]

Guido Guía en “Fun polo aire” (TVG) especial San Froilán

E aquí temos, xa en boa calidade, o programa #FunPoloAire (especial San Froilán) emitido o pasado venres na Televisión de Galicia… de novo grazas Noa García e TVG por convidarnos a ensinar #OLugoMenosCoñecido e #LugoPatrimonioMundial! 💙