Ayer tuve el placer de ser entrevistado por una exitosa youtuber uruguaya afincada en Lugo: Lola Tips Youtube. Hablamos de mi proyecto profesional, de Lugo, y por supuesto de mi relación con Uruguay (donde mi padre vivió 20 años) y Argentina (mi padre nació allá). Un gran abrazo!!
Arquivo de categoría:Entrevistas
Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»
Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 12 de xaneiro do 2021 O impulsor de Guido Guía comeza o ano con novos proxectos para dar a coñecer os barrios da cidade e «o Lugo menos coñecido» O guía oficial de turismo Guido Álvarez (Lugo, 1985), responsable de Guido Guía, comeza o ano con moita enerxía eSeguir lendo “Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»”
Entrevista Guido Guía 2021 en Radio Voz
Moitas grazas ó querido Félix Jorquera pola entrevista de onte en Radio Voz!! En #VocesDeLugo estivemos falando sobre os plans de paseos guiados e xornadas viaxeiras do 2021, así como repasando o balance do 2020! Mil grazas e que desfrutedes da escoita 🙂📻
Guido Guía no Luar (Televisión de Galicia)
Esta semana recibín con emoción unha chamada e convite do Luar para ser entrevistado onte venres. Que momento para min! Poder falar de Lugo e do meu traballo nun programa da Televisión de Galicia con tanta historia. Infinitas grazas a Xosé Ramón Gayoso por contar conmigo no #Luar1230 💙
Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade”
Entrevista publicada no Nós Diario o 2 de setembro do 2020 Coidemos Lugo é un movemento social que nace ao abeiro da cidade amurallada coa vontade de xerar un sentimento de amor polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos a través de accións de concienciación en positivo. Realizaron a súa primeira saída a pasadaSeguir lendo “Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade””
Entrevista en Cope Lugo sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá chamoume o amigo Chema Núñez, de Cope Lugo, para falar sobre o movemento social #CoidemosLugo 💚 que a semana pasada lanzamos xunto co gran capi e compañeiro Salva Arco Frias, e co apoio e asesoramento técnico e legal do Concello de Lugo… moitas grazas por este bo rato… pronto haberá novidades! 💪
Entrevista en Radio Lugo Cadena SER sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá falamos en Radio Lugo Cadena SER 📻 sobre a iniciativa #CoidemosLugo 💚, que con Salva Arco (capitán do C.B. Breogán) lanzamos onte nas redes sociais. Premede o play! 🙂
Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia
Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo
Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia
Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html
Entrevista en Cope Lugo, proxectos Guido Guía verán 2020
Sumando nunha semana intensa, entrevista 📻 hoxe en Cope Lugo co bo amigo Chema Núñez falando dos proxectos Guido Guía do verán 2020! #RedescubrindoLugo 💓 #OLugoMenosCoñecido 👀 #LugoFotográfico 📸 #LugoFavorito ✨ #ArteUrbana 🎨 + #PaseosÓSolpor ☀ con Cultura e Turismo de Lugo + #AndainasPolaSostibilidade 👣🍃 con Xuventude de Lugo… desfrutaremos! 🙂
Turismo sensorial no corazón de Lugo
Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 21 de xuño do 2020 Guido Álvarez guiou a persoas de máis de 80 nacionalidades polo barrio de O Carme O barrio de O Carme é un oasis no medio da cidade. Un lugar bucólico, inspirador e cheo de historia que, ás veces, pasa desapercibido. Ten un potencial innatoSeguir lendo “Turismo sensorial no corazón de Lugo”
Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido na Televisión de Galicia
Moi agradecido á Televisión de Galicia 📺 e ó Telexornal Serán pola visita de onte ó Parque Rosalía no reinicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co capítulo XIX #OLugoDosSentidos ❤ Grazas tamén a Mari Viador e a Alice ‘Klar’ Chaytow polas súas testemuñas! Síntome moi afortunado desta incrible visibilidade, non teño palabras
A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi
Onte estivemos falando cos amigos de Ràdio Sant Boi, os queridos Armando Fernández e Xulio Couxil, referentes da radio en galego por terras catalanas. Chamáronnos para falar sobre as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo, que comezarán moi pronto, despois de que hai un rato soubésemos que Galicia entra na fase III da desescalada. Moitas grazas, amigos, porSeguir lendo “A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi”
“Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento”
Os últimos anos en Lugo caracterízanse polo derribo de mitos e lendas. «En Lugo nunca pasa nada» e a falta de aprecio polo noso patrimonio son dúas das conquistas recentes da cidadanía lucense. Un dos líderes desta revolución socio-cultural é o protagonista desta entrevista atípica, «íntima» e divertida: Guido Guía. Guido é o artífice de descubrirSeguir lendo ““Pasear sen présa, rendéndose á impresión do momento””
Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»
Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 27 de maio do 2020 O guía lucense de turismo explica que en xuño comeza o programa «Redescubrindo Lugo» cun paseo guiado por Piornedo Guido Álvarez, guía lucense de turismo, responsable de Guido Guía, puxo en marcha os paseos guiados «Redescubrindo Lugo», unha novidosa proposta pensada para gozarSeguir lendo “Guido Álvarez: «A xente ten ganas de saír e apoiar proxectos da terra»”
O proxecto #RedescubrindoLugo na Radio Galega
Onte fun entrevistado por Emma Alonso no programa A Tarde (Radio Galega) 📻 para falar sobre o proxecto #RedescubrindoLugo e a súa evolución nestes 15 días que pasaron dende o lanzamento. Xa temos 31 xornadas viaxeiras programadas! Agardo que desfrutedes 🙂
O proxecto #RedescubrindoLugo na Cadena Ser
Moitísimas grazas a Juan Carlos Rodríguez e a Radio Lugo Cadena SER por esta entrevista en “Hoy por Hoy” adicada ó proxecto de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo! Agardo que desfrutedes destes 14 minutos de conversa 🙂📟
O proxecto #RedescubrindoLugo na Televisión de Galicia
Onte a Televisión de Galicia 📺 e G24noticias viñeron ata o meu barrio do Carme para entrevistarme polo proxecto #RedescubrindoLugo, co que viaxaremos pola provincia de Lugo todo este 2020. Infinitamente agradecido á nosa tele por valorar sempre o meu traballo, e especialmente dende que son autónomo! Un empuxe que agradezo de corazón 💙 Grazas ós meus colaboradores neste proxecto: O Freixo DosSeguir lendo “O proxecto #RedescubrindoLugo na Televisión de Galicia”
Entrevista sobre o proxecto Guido Guía e perspectivas do turismo en #VivoFoz
Moitas grazas VivoFoz e Carlos García Rivera por unha entrevista xenial, chea de recordos e viaxes no tempo! Parabéns por un proxecto magnífico e desexando colaborar sempre ❤
Hoxe mércores ás 20h20, entrevista en #VivoFoz
Moitísimas grazas VivoFoz por contar conmigo nos vosos espazos! Vémonos esta tarde para o directo de Instagram… anímovos a todos a seguirnos ás 20h20 en @vivofoz! 💙📺