Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de xuño do 2020 Esta “persoa curiosa cunha cámara colgada ao ombro” retrata a realidade para “dar respostas a preguntas”. No seu proceso, “primeiro está o diálogo e o sentir o problema”; despois, a imaxe. Velaquí unha nova conversa-entrevista de Guido Álvarez, que desta vez fala cun fotógrafoSeguir lendo “Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria”

Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de xuño do 2020 A sabedoría oral espertou o interese de Santi pola historia da igrexa do Carme, a vella ermida da Virxe do Camiño. Agora é el quen a divulga e quen coida da riqueza dun dos templos “máis belos, históricos e descoñecidos de Lugo”. Se naSeguir lendo “Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme”

A idade dourada da arte urbana lucense

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 13 de maio do 2020 Concepto Circo, Leandro Barea, Otro Prisma, Diego AS ou o Primo de Banksy son algún dos referentes lucenses deste tipo de expresión artística moi en auxe a nivel mundial A arte urbana e o graffiti son moitas cousas: son beleza, son reivindicación,Seguir lendo “A idade dourada da arte urbana lucense”

Cando volvamos: viaxar para atoparnos

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 29 de marzo do 2020 Os momentos de crise son cruzamentos de camiños onde cabe pensar cara onde imos, e este é un tempo propicio para revisar ese proxecto de vida que temos como persoas e como sociedade. O turismo non escapa á situación e ten motivosSeguir lendo “Cando volvamos: viaxar para atoparnos”

Orgulloso de cumprir seis anos colaborando en Galicia Confidencial

Todos os anos desfruto coa coincidencia de cumprir anos de colaboración con Galicia Confidencial, e o Día das Letras Galegas… unha fermosa casualidade! A historia comezou cando residía eu en Napoli, nunha etapa de moitísimas vivencias, e na que amigos e familiares me animaban a compartir dalgún xeito todo o que estaba experimentando grazas áSeguir lendo “Orgulloso de cumprir seis anos colaborando en Galicia Confidencial”

Gema López, unha pintora lucense alén das fronteiras

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Ata o 12 de abril podemos desfrutar na UNED da súa máis recente exposición: “Renacer” Coñecín a Gema López hai uns anos nas “Cinco Vigas” a través do meu amigo Santi, co que ela estaba tomando algo… ¿seguramente unha mítica tenreira ó viño tinto ou uns champiñónsSeguir lendo “Gema López, unha pintora lucense alén das fronteiras”

A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow

Terceira colaboración para a revista “Fogar de Breogán”, a revista do C.B. Breogán Durante varios milenios a provincia de Lugo gardou un segredo. É hora de compartilo. Díxoo un soado personaxe lucense (non diremos o nome porque non lembramos as palabras exactas) na presentación dunha das últimas campañas turísticas da provincia de Lugo: “Os lucensesSeguir lendo “A provincia de Lugo, capital mundial do turismo slow”

Segunda gran cita do street basket galego

En Galicia Confidencial Xa falta só un mes para a segunda edición do gran 4×4 Pista Roja Lugo. Moita expectación! Máis de tres décadas tardou a mítica pista galega en organizar o seu primeiro torneo oficial. Despois de moitos anos de conversas sobre o tema, o pasado 2016 a asociación da Pista Roja Lugo decidiuseSeguir lendo “Segunda gran cita do street basket galego”

Galicia e os camiños da liberdade

En Galicia Infinita, en Galicia Confidencial e no GC Tendencias Perderse e atoparse con asiduidade, conectar a diario coa natureza, camiñar polo rastro de devanceiros milenarios… exercicios de liberdade que en Galicia son rutina. ¿Será que a morriña está ligada a esa virtude das terras galaicas? Será que os galegos e os visitantes de GaliciaSeguir lendo “Galicia e os camiños da liberdade”

A catedral máis bretoa de Galicia e a máis antiga da península

En Galicia Infinita Sé de antiquísimos bispados do Reino de Galicia, na vella Britonia… San Martiño de Mondoñedo. A praia das Catedrais hoxe, a catedral de San Martiño de Mondoñedo sempre… podemos dicir sen titubear que estamos falando de dous dos grandes hits turísticos de Galicia, e dous dos símbolos que máis identifican á MariñaSeguir lendo “A catedral máis bretoa de Galicia e a máis antiga da península”

Lugo, a cidade dos descubrimentos

No blog de Galicia Infinita, en Galicia Confidencial e no GC Tendencias É a miña cidade, a que máis coñezo de todo o mundo… pero aínda así Lugo é para min a cidade dos descubrimentos. Unha cidade pola que nunca me canso de camiñar, buscar e investigar. Non son historiador, pero teño entendido que as primeiras probasSeguir lendo “Lugo, a cidade dos descubrimentos”

Xaneiro en Praga

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Na memoria queda esa chegada á estación central de Praga nun nevado mércores de xaneiro. Lembrareino sempre coma o maior shock de beleza que vivín nunca. Síndrome de Stendhal. Algo xa contei no GC sobre a miña viaxe-aventura de xaneiro polo centro de Europa. Un percorrido en tren,Seguir lendo “Xaneiro en Praga”

Inspiración en Budapest

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Sempre sentín que Hungría tiña algo especial… agora puiden descubrilo de primeira man. O pasado mes de xaneiro fixen unha das viaxes máis interesantes da miña vida. Creo que vai dar pé a máis dun artigo, e por iso quero comezar por só unha das cidades que visiteiSeguir lendo “Inspiración en Budapest”

Os primos do norte: paseando por Irlanda

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias A penúltima saída ó estranxeiro do 2016 foi a terras celtas. Un paseo por Dublín e Belfast… moi pendente dende sempre! Desta vez non deixei pasar a oportunidade. .. Descubrín unha combinación interesante con voos de baixo custo (Santiago-Barcelona-Dublín-Lisboa por 81 €), e foi así que aproveitei paraSeguir lendo “Os primos do norte: paseando por Irlanda”

O Camiño Primitivo: de Grandas a Lugo

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Un dos tramos máis fermosos dos Camiños de Santiago. A semana pasada cruzamos as montañas da Fonsagrada e viaxamos pola máis antiga ruta a Compostela. O primeiro Camiño de Santiago coñecido. Preto de 1200 anos de historia xacobea… e quen sabe cantos tiña xa daquelas (guiándonos polo patrimonioSeguir lendo “O Camiño Primitivo: de Grandas a Lugo”

Lisboa maravilha

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Unha cidade para todos os petos, metrópole de referencia para os galegos. En Lisboa estamos na casa… Tras 6 días por Lisboa non deixo de preguntarme como é que, en tantos anos de vida, tendo viaxado bastante por Europa, e sendo profeso admirador da cultura dos nosos irmaosSeguir lendo “Lisboa maravilha”

O Festival de Lorient e a gran ruta céltica

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias Vivindo por primeira vez, e dende dentro, o festival intercéltico máis grande do mundo (case un millón de visitantes cada ano). Colaborar no FIL é unha experiencia altamente recomendable e unha maneira especial de achegarse ás terras irmás da Bretaña. Hai uns meses unha amiga de Lorient comezouSeguir lendo “O Festival de Lorient e a gran ruta céltica”

De París á Galice Celtique de Carlos Núñez

En Galicia Confidencial e no GC Tendencias A pasada semana rematou o primeiro tour temático de Mundo Galaico: tres francesas da rexión parisina foron as encargadas de estrear este novo produto turístico. Un novo capítulo desta historia que comezou no Zénith Nantes no 2014 e que xa vai pola súa sexta entrega no Galicia Confidencial.Seguir lendo “De París á Galice Celtique de Carlos Núñez”

Un 4×4 para a historia

En Galicia Confidencial As expectativas eran moitas, pero a Pista Vermella non defraudou: moi alto nivel deportivo, tremendo ambiente, bos momentos e street basket en estado puro. Esta fin de semana as redes sociais botaron fume en Galicia, sobre todo entre os amantes do deporte, e especialmente entre os afeccionados ó baloncesto. Tras unha décadaSeguir lendo “Un 4×4 para a historia”

O ‘street basket’ galego cítase en Lugo

En Galicia Confidencial  Punto vermello no calendario baloncestístico: 11 e 12 de xuño na cancha urbana máis famosa e mítica do noroeste ibérico. Volve a tradición lucense dos torneos de rúa que namoraran a propios e alleos nos anos 90. É de sobra sabido que en Lugo o baloncesto é relixión e lenda. Señoras queSeguir lendo “O ‘street basket’ galego cítase en Lugo”