O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo

Reportaxe publicada no Nós Diario o 12 de xuño do 2020 Moitas veces as mellores claves para o futuro atopámolas mirando cara atrás. No barrio do Carme, en Lugo, temos un exemplo paradigmático de como as esencias do pasado poden axudarnos a construír mellores cidades para o novo mundo Despois dun lustro traballando como guía eSeguir lendo “O Carme: savoir-faire ecolóxico e bimilenario no centro de Lugo”

Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 15 de xuño do 2020 Esta “persoa curiosa cunha cámara colgada ao ombro” retrata a realidade para “dar respostas a preguntas”. No seu proceso, “primeiro está o diálogo e o sentir o problema”; despois, a imaxe. Velaquí unha nova conversa-entrevista de Guido Álvarez, que desta vez fala cun fotógrafoSeguir lendo “Adra Pallón: unha ollada fotográfica lucense, comprometida, crítica e necesaria”

Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 10 de xuño do 2020 A sabedoría oral espertou o interese de Santi pola historia da igrexa do Carme, a vella ermida da Virxe do Camiño. Agora é el quen a divulga e quen coida da riqueza dun dos templos “máis belos, históricos e descoñecidos de Lugo”. Se naSeguir lendo “Santiago Iglesias, o mozo de vinte anos gardián do templo do Carme”

O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade”

Conversa-entrevista no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 8 de xuño do 2020 Nesta conversa-entrevista entre Guido Álvarez e o Primo de Banksy, as lectoras e lectores do Lugo Xornal teñen o privilexio de coñecer máis de preto a este misterioso, revolucionario e provocador artista lucense. Xa me sentín afortunado a primeira vez que falei por Instagram con el,Seguir lendo “O lucense Primo de Banksy, de preto: “Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade””

A Muralla de Hantissié

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 7 de xuño do 2020 Sempre fun consciente delo, pero dende que regresei a Lugo no 2015 e comecei a miña actual etapa como Guía Oficial de Turismo de Galicia moito máis, de que as persoas de fóra valoran promedialmente moito máis o patrimonio da nosa cidade queSeguir lendo “A Muralla de Hantissié”

SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 2 de xuño do 2020 O comercio local está feito de persoas, e os seus promotores tamén o son. David Parra Lezama é un venezolano apaixonado por Lugo que leva varios anos promovendo o comercio local lucense dende La Q-Ponera de Quique: agora, cun videoxogo pioneiro queSeguir lendo “SuperQuique, un pioneiro videoxogo lucense para promover o comercio local en todo o mundo”

A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 31 de maio do 2020 Dous meses e medio de histórico confinamento serviron para moitas meditacións, e no caso de Lugo tamén para apuntalar e materializar vellas ideas pendentes. Neste século XXI quedaban poucos que non visualizasen con entusiasmo unha continuación das peonalizacións da cidade: agora,Seguir lendo “A muralla verde: Lugo, capital do mundo novo”

A idade dourada da arte urbana lucense

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 13 de maio do 2020 Concepto Circo, Leandro Barea, Otro Prisma, Diego AS ou o Primo de Banksy son algún dos referentes lucenses deste tipo de expresión artística moi en auxe a nivel mundial A arte urbana e o graffiti son moitas cousas: son beleza, son reivindicación,Seguir lendo “A idade dourada da arte urbana lucense”

Cando volvamos: viaxar para atoparnos

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 29 de marzo do 2020 Os momentos de crise son cruzamentos de camiños onde cabe pensar cara onde imos, e este é un tempo propicio para revisar ese proxecto de vida que temos como persoas e como sociedade. O turismo non escapa á situación e ten motivosSeguir lendo “Cando volvamos: viaxar para atoparnos”

Unha radio lucense na metrópole barcelonesa

Reportaxe publicada no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 Coñecín a Armando Fernández e a Xulio Couxil cando comecei a miña andaina como autónomo hai uns meses. O primeiro deles contactoume para facerme unha entrevista sobre o turismo de Lugo, e posteriormente conversei con eles na famosa Radio Sant Boi. UnhaSeguir lendo “Unha radio lucense na metrópole barcelonesa”

O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 28 de febreiro do 2020 Esta semana lanzamos nas redes o hashtag #MuralPistaVermella e posteriormente #MuralCristinaSeijo na busca da homenaxe popular á gran historia do deporte lucense, ó amateurismo deportivo tan importante para a sociedade, e tamén ó basket de rúa Todo comezou, como tantasSeguir lendo “O basket de rúa e o amateurismo serán homenaxeados con arte urbana na Pista Vermella”

Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena

Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 25 de febreiro do 2020 A miña vinculación co barrio da Ponte é enorme: é o lugar onde vin o mundo por vez primeira (en Polusa), está a poucos metros do meu barrio (O Carme), pasei añares nel entre o Fluvial e a Ponte Romana, agora noSeguir lendo “Ás festas de San Lázaro da Ponte, con Elena”

Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo

Artigo publicado no Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta mañá presenciei un proceso de absoluto embelecemento das nosas rúas. Os xeniais Yoe 33 e Marcos (Concepto Circo) avisáronme para observar 24 horas dun traballo espectacular a carón nada menos que dos 3 Patrimonios Mundiais da nosa cidade Unha iniciativa de Alexandra Malheiro (da tenda de artesaníaSeguir lendo “Concepto Circo volve embelecer espazos degradados do centro de Lugo”

Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Esta fin de semana experimentamos a nova conexión que Ryanair ofrece dende A Lavacolla dende o pasado mes de outubro. Un destino ideal para desconectar da rutina con voos económicos e moitas alternativas para os viaxeiros no arquipélago maltés. Todo xurdiu a semana pasada buscando ideas para desfrutar dunhaSeguir lendo “Unha nova escapada lucense: a Malta por 30 €”

Escapadas galegas: os infinitos parques da cidade de Lugo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Cando imos a Londres non nos perdemos as visitas a Hyde Park, Green Park, St. James Park… todos eles son considerados recursos turísticos e recreativos de primeira liña. Máis pretiño que as illas británicas, na vella capital da Gallaecia, contamos cunha inmensidade de parques digna de ser considerada nosSeguir lendo “Escapadas galegas: os infinitos parques da cidade de Lugo”

Lugo Language Exchange: onde Lugo se encontra co mundo

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial A vella Lucus Augusti é unha cidade única por moitas razóns. Unha das recentes e menos coñecidas polo gran público é a virtude de ser unha cidade marabillosa para persoas de todo o planeta que buscan un lugar onde vivir, ou para cando menos vivir unha experiencia diferente nasSeguir lendo “Lugo Language Exchange: onde Lugo se encontra co mundo”

O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Un dos lucenses máis famosos dixérao non hai moito nunha campaña promocional turística: a sociedade luguesa destacouse na historia por agocharlle ó mundo, por razóns diversas que darían para un longo debate, os tesouros que gardan esta marabillosa cidade bimilenaria e a súa provincia. No cibernético século XXI xaSeguir lendo “O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza”

Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)

Publicado no diario El Progreso de Lugo o 26 de setembro do 2019 Dende hai un ano e pico en Lugo falamos moito do Caudal Fest. Sempre me preguntan opinión e nunca podo expresar nada rotundo… Pero despois de asistir a estas dúas primeiras edicións, podo expresar algunhas ideas. – Paréceme que o éxito en cantoSeguir lendo “Reflexións sobre o Caudal Fest (para o diario El Progreso)”

Ambiente máxico e cheo total nun 4×4 Pista Roja Lugo que se consolida como referente do street basket

Artigo publicado en Lugo Xornal e Galicia Confidencial Os “Míticos” André Pérez, Aitor Vázquez, Chisco López, Marcelo Egidio, Álvar Vázquez e un prodixioso Carlos Noguerol (base do C.B. Clavijo na LEB Prata) foron os campións da cuarta edición dun torneo que medra exponencialmente ano a ano. O MVP levouno o portentoso Félix Ferro (C.B. Viveiro),Seguir lendo “Ambiente máxico e cheo total nun 4×4 Pista Roja Lugo que se consolida como referente do street basket”

Orgulloso de cumprir seis anos colaborando en Galicia Confidencial

Todos os anos desfruto coa coincidencia de cumprir anos de colaboración con Galicia Confidencial, e o Día das Letras Galegas… unha fermosa casualidade! A historia comezou cando residía eu en Napoli, nunha etapa de moitísimas vivencias, e na que amigos e familiares me animaban a compartir dalgún xeito todo o que estaba experimentando grazas áSeguir lendo “Orgulloso de cumprir seis anos colaborando en Galicia Confidencial”