O mes pasado informoume A Lobeira today que a canle de Youtube Guido Guía entraba na lista das 50 canles de Youtube en galego máis activas e seguidas. Na última clasificación subo ata o posto nº 14 Grazas a todos polo apoio! https://www.youtube.com/watch?v=zecea9oS7Dg
Arquivo de categoría:Aparicións en prensa
Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG
Onte no Fun Polo Aire da Televisión de Galicia emitiuse o meu encontro co gran Duarte Galbán na súa sección “Os Tesouros de Duarte”, que gravamos no xacemento arqueolóxico da Tinería. Emocióname terlle ensinado a todos os espectadores este lugar tan importante e tan descoñecido, desexando que sirva para a súa posta en valor!! ASeguir lendo “Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG”
Entrevista II aniversario #LugoPatrimonioMundial en
Moitas grazas ó amigo Chema Núñez pola entrevista de onte na Cope Lugo! Un pracer falar sobre o segundo aniversario do movemento social #LugoPatrimonioMundial e tamén das perspectivas do proxecto Guido Guía para o ano 2021! Agardo que desfrutedes do ratiño radiofónico! 🙂📻
II aniversario de #LugoPatrimonioMundial no Telexornal Serán da TVG
Agora si, o fragmento do Telexornal Serán da Televisión de Galicia coa noticia do récord de #LugoPatrimonioMundial, tendencia europea nas redes sociais o 13 de febreiro do 2021! Inesquecible Millóns de grazas á nosa tele, e que isto non pare nunca! Orgullo lucense
Segundo aniversario do movemento #LugoPatrimonioMundial na TVG
Hoxe chamáronme da Televisión de Galicia para entrevistarme polo segundo aniversario da iniciativa #LugoPatrimonioMundial, que neste 13 de febreiro do 2021 batiu todos os récords anteriores e a falta de dúas horas de día xa superou, só en Twitter, as 4000 mencións ❤️ Que grande, Lugo… somos imbatibles!!!!
Guido Álvarez, guía de turismo: “Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh”
Entrevista de Antón Escuredo no Nós Diario publicada o 27 de xaneiro do 2021 Guido Álvarez é guía de turismo profesional cunha grande experiencia. Após once anos fóra de Lugo, catro deles entre Italia, Inglaterra, Francia e Alemaña, aséntase na cidade das murallas. Tivo moitas experiencias viaxeiras, sobre todo mochileiras, en algo máis de 30Seguir lendo “Guido Álvarez, guía de turismo: “Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh””
Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»
Entrevista en La Voz de Galicia publicada o 12 de xaneiro do 2021 O impulsor de Guido Guía comeza o ano con novos proxectos para dar a coñecer os barrios da cidade e «o Lugo menos coñecido» O guía oficial de turismo Guido Álvarez (Lugo, 1985), responsable de Guido Guía, comeza o ano con moita enerxía eSeguir lendo “Guido Álvarez, guía lucense: «O turismo de proximidade gañou moita relevancia»”
Entrevista Guido Guía 2021 en Radio Voz
Moitas grazas ó querido Félix Jorquera pola entrevista de onte en Radio Voz!! En #VocesDeLugo estivemos falando sobre os plans de paseos guiados e xornadas viaxeiras do 2021, así como repasando o balance do 2020! Mil grazas e que desfrutedes da escoita 🙂📻
Vídeo de Lugo nevando en “Aquí la Tierra” de TVE
Onte subín dende a Muralla Romana de Lugo un vídeo da nevada ❄ Por Twitter escribiume Jacob Petrus, de Aquí la Tierra, para emitilo na RTVE 🙂 Un fragmento breve, pero que abriu o programa con Lugo e tamén co barrio do Carme. Segunda vez, e agardo que sexan moitas máis! ❤
‘Coidemos Lugo’, o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa cidade
Artigo publicado no Lugo Xornal o 24 de setembro do 2020 Guido Álvarez e Salva Arco, impulsores do movemento, mantiveron un encontro coa alcaldesa A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no Concello aos representes do movemento social ‘Coidemos Lugo’, o guía turístico Guido Álvarez, e Salva Arco, capitán do Breogán. Este movemento busca concienciar sobre aSeguir lendo “‘Coidemos Lugo’, o movemento que busca o compromiso dos lucenses coa súa cidade”
Lara Méndez apoia o movemento ‘Coidemos Lugo’
Nota de prensa do Concello de Lugo A alcaldesa de Lugo agradeceu o compromiso das persoas que participan nesta iniciativa, que naceu para concienciar e animar á cidadanía a que coide e respecte o municipio A rexedora reuniuse cos representantes Guido Álvarez e Salva Arco aos que lles avanzou que a administración local seguirá aSeguir lendo “Lara Méndez apoia o movemento ‘Coidemos Lugo’”
Guido Guía no Luar (Televisión de Galicia)
Esta semana recibín con emoción unha chamada e convite do Luar para ser entrevistado onte venres. Que momento para min! Poder falar de Lugo e do meu traballo nun programa da Televisión de Galicia con tanta historia. Infinitas grazas a Xosé Ramón Gayoso por contar conmigo no #Luar1230 💙
“Viaxar na nosa cidade” con Guido Guía e a UNED Lugo
Artigo publicado en VivaLugo o 16 de setembro do 2020 O guía e dinamizador cultural lucense Guido Álvarez formará parte do proxecto “Naturalmente” da UNED Lugo dentro do seu compromiso decidido coa sostibilidade e seguirá avanzando nos seus obxetivos de sensibilización ambiental e posta en valor do patrimonio natural e a loita fronte ao cambio climático alineado coa Axenda2030.Seguir lendo ““Viaxar na nosa cidade” con Guido Guía e a UNED Lugo”
Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade”
Entrevista publicada no Nós Diario o 2 de setembro do 2020 Coidemos Lugo é un movemento social que nace ao abeiro da cidade amurallada coa vontade de xerar un sentimento de amor polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos a través de accións de concienciación en positivo. Realizaron a súa primeira saída a pasadaSeguir lendo “Guido Álvarez: “Coidemos Lugo nace coa vontade de atender o noso patrimonio en comunidade””
O barrio do Carme na TVG
O pasado domingo o Telexornal da Televisión de Galicia achegouse ó barrio do Carme para falar do deterioro nos últimos ¿40 anos? dun barrio como mínimo bimilenario. Fun chamado para falar sobre os meus paseos e iniciativas turísticas nel… ogallá este século XXI sexa o do seu rexurdimento ❤️
Entrevista en Cope Lugo sobre o movemento social #CoidemosLugo
Esta mañá chamoume o amigo Chema Núñez, de Cope Lugo, para falar sobre o movemento social #CoidemosLugo 💚 que a semana pasada lanzamos xunto co gran capi e compañeiro Salva Arco Frias, e co apoio e asesoramento técnico e legal do Concello de Lugo… moitas grazas por este bo rato… pronto haberá novidades! 💪
Atentado ó patrimonio no barrio do Carme, Televisión de Galicia
Moitas grazas á Televisión de Galicia por interesarse pola miña publicación de onte e chamarme hoxe para falar sobre este atentado ó patrimonio no barrio de O Carme, Lugo. Considero que no meu traballo é tan importante ensinar o fermoso e o valioso da nosa terra, como concienciar sobre a necesidade de protexela. Protexamos o barrio do Carme,Seguir lendo “Atentado ó patrimonio no barrio do Carme, Televisión de Galicia”
A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña
Artigo publicado no Xornal da Mariña o 31 de xullo do 2020 O Barrio dos Muíños mindoniense e a Pena Abaladoira de Alfoz e a Fraga da Fruna valadourense, en plena Serra do Xistral, protagonizarán os primeiros percorridos A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar eSeguir lendo “A Mancomunidade amosará con rutas guiadas en agosto e setembro a riqueza natural e cultural da Mariña”
Os paseos guiados de #ArteUrbanaLucense, na Televisión de Galicia
Hoxe a Televisión de Galicia veu visitarnos ó IV paseo guiado de #ArteUrbana #ArteLucense 🎨 do proxecto Guido Guía, no que durante 4 horas gozamos de distintos murais e graffitis ó longo de toda a cidade. Un agradecemento infinito por valorar tanto o meu traballo
Reportaxe sobre Lugo e o proxecto Guido Guía en esRadio Galicia
Artigo en esRadio Galicia O programa desta semana de esRuta levounos a Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. Os guías turísticos Juan Segade e Guido Álvarez contáronnos a historia e o rico patrimonio da cidade da muralla e da provincia. Sen dúbida, un bo destino para este verán. https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2020-07-14/esruta-galicia-152017.html