O 26 de abril comeza #QuerendoALugo, charlas e actividades de Guido Guía no Ceip Casás

Emocionado con este novo proxecto de colaboración co Ceip Casás no que durante os meses de abril, maio e xuño charlarei con todos os nenos do cole sobre as inmensas riquezas ambientais e patrimoniais da nosa cidade Un proxecto que agardemos poder estender a moitos máis colexios o curso que ven! Moitas grazas pola confianza…Seguir lendo “O 26 de abril comeza #QuerendoALugo, charlas e actividades de Guido Guía no Ceip Casás”

Guido Guía sube ata o posto nº 14 das canles de Youtube en galego máis activas e seguidas

O mes pasado informoume A Lobeira today que a canle de Youtube Guido Guía entraba na lista das 50 canles de Youtube en galego máis activas e seguidas. Na última clasificación subo ata o posto nº 14 Grazas a todos polo apoio! https://www.youtube.com/watch?v=zecea9oS7Dg

En marcha un proxecto de colaboración entre Guido Guía, Taberna Daniel e bares de Lugo

Hoxe estiven cun gran amigo da infancia para concretar un proxectiño moi chulo que me propoñen el e outros amigos dos bares do centro histórico de Lugo… pronto teredes noticias 🤗🤗🤗 Estade atentos ás redes da Taberna Daniel! Grazas, Pablo, por contar sempre conmigo!!

O legado de Yoe 33

Artigo publicado no Nós Diario o 10 de marzo do 2021 Xa hai moito tempo que vimos falando da idade dourada da arte urbana lucense, e a vitoria de Diego Anido Seijas (Diego AS) o pasado luns nas Graffiti Battles da Liga Nacional non é máis que unha reafirmación desta realidade. Xa son moitos os premios e recoñecementosSeguir lendo “O legado de Yoe 33”

Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo

Esta fin de semana foi unha das máis bonitas que recordo en moito tempo Guiando os paseos #ArteUrbanaLucense e #OLugoDaXuventude polo X aniversario da #CasaDaXuventude, hoxe acabamos comendo xuntos varios dos participantes, e logo asistimos ós Faladoiros da Xuventude Activa para escoitar a grandes lucenses como Gael e Rubén de Gravitty, Nacho Ozores, Cintia Folgueira,Seguir lendo “Marabillosa fin de semana guiando para o X aniversario da Casa da Xuventude de Lugo”

#OLugoMenosCoñecido: 22 paseos con 100% de prazas cubertas no 2021, e 5 novas datas para abril

Cinco datas máis dos paseos especiais #OLugoMenosCoñecido ata o 18 de abril Tamén dous paseos guiados para Xuventude de Lugo este sábado 10 e domingo 11 de abril #ArteUrbana e #OLugoDaXuventude! Despois do día 18 teño que ir vendo! Virán cousiñas polos Ancares, pola Mariña e algunha sorpresa máis Inscricións en guidoguiaturismo@gmail.com!

Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa

Un pedazo de Bos Aires en Lugo! Feliz veño da inauguración do Baires Café-Bar Lugo, emprendemento dunha familia querida que por outro lado son parentes dos grandes amigos de La Romeria Coffee & Co e Dolce Francesca Lugo Lugo está en Arxentina e agora un pouco de Arxentina está en Lugo! Vaivos encantar! Rúa MallorcaSeguir lendo “Café Baires, un pedazo de Arxentina no barrio lucense da Milagrosa”

O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo

Algúns dos meus soños de neno eran coñecer a persoas de todo o mundo, ter bos amigos, viaxar por moitos países… de máis maior soñei poder compartir Lugo e as belezas da vida con moitas persoas… e hoxe é para min un día moi emocionante por unha cifra que me fai unha especial ilusión: 10.000Seguir lendo “O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo”

O calendario de paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía amplía datas ata o 18 de abril

Visto o éxito do formato de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido, ampliamos calendario Imos probar con algún mércores e venres! Por certo, o 10 e 11 de abril non anunciamos paseos porque eses días guiarei outras actividades que se anunciarán pronto Inscricións guidoguiaturismo@gmail.com! Grazas a todos

Seis paseos polo Lugo menos coñecido con Guido Guía (algúns con listaxe de agarda) ata o 4 de abril

Engadimos un novo paseo ó calendario! Este domingo 28 de marzo Tiña unha actividade que foi cancelada, así que engadimos paseo para este domingo Queda 1 praza para mañá martes, 3 prazas para o xoves, 3 para o martes da semana que ven, e o resto xa estamos con listaxes de agarda Se queres unirte,Seguir lendo “Seis paseos polo Lugo menos coñecido con Guido Guía (algúns con listaxe de agarda) ata o 4 de abril”

O Lugo do século XXII

Artigo publicado no Nós Diario o 13 de marzo do 2021 Como será Lugo no ano 2100? Hoxe a nosa viaxe non vai discorrer só polo espazo, farao tamén polo tempo e polas nosas imaxinacións. E é que estes tempos de tantos cambios no mundo semella que ás veces activan os nosos maxíns pensando moito no que virá.Seguir lendo “O Lugo do século XXII”

Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG

Onte no Fun Polo Aire da Televisión de Galicia emitiuse o meu encontro co gran Duarte Galbán na súa sección “Os Tesouros de Duarte”, que gravamos no xacemento arqueolóxico da Tinería. Emocióname terlle ensinado a todos os espectadores este lugar tan importante e tan descoñecido, desexando que sirva para a súa posta en valor!! ASeguir lendo “Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG”

Novas datas, ata o 4 de abril, para os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

A serie de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido está sendo neste 2021 un verdadeiro éxito e un fermoso modo de seguir agardando a que a situación sanitaria mellore e poidamos facer novos capítulos e novas series en grupos máis numerosos. Así que… ampliamos calendario! Tomade nota e escribídenos a guidoguiaturismo@gmail.com se queredes inscribirvos

Primeira colaboración de Guido Guía na emisora galega en Arxentina Radio Enxebre

Emocionado comparto a miña primeira colaboración coa radio galega  en Arxentina  Radio Enxebre. Dende o sábado pasado intégrome ó programa Galicia Une para contar cousiñas deste lado do océano na outra beira. As miñas dúas beiras!  Moitas grazas, Verónica Torres!

Volveron, en grupos moi reducidos, os paseos #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de seis semanas, con límite de 4 persoas + guía, volveron os paseos guiados Unha marabillosa tarde lucense na que tivemos visita de dous amigos de Castroverde e Vilalba (grazas por vir!) e na que volvemos gozar da serie #OLugoMenosCoñecido hoxe moi centrados no querido barrio do Sagrado Corazón Vémonos este martes!!

Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre

Primeiras datas de paseos guiados! Retomamos estes días coa serie #OLugoMenosCoñecido en grupos moi reducidos, e agardaremos un pouco máis para retomar #BarriosLucenses e #OGranLugo Domingo, martes e xoves de 16h00 a 19h00, todos eles paseos sorpresa! Se queredes reservar… bulide! En xaneiro esgotabamos prazas en cuestión de horas. Grazas a todos!! Xa sabedes: guidoguiaturismo@gmail.comSeguir lendo “Mañá domingo volven os paseos por Lugo con Guido Guía, en grupos moi reducidos e ó aire libre”

A canle de Youtube do proxecto Guido Guía alcanza os 1000 subscritores

Na vida imaxinei o pasado mércores, cando vos animei a subscribirvos á miña nova canle de Youtube, que en pouco máis de 48 horas pasariamos de 156 subscritores ós 1000 que marca Youtube para comezar a profesionalizar as canles… INFINITAS GRAZAS A TODOS!! Seguirei promovendo Lugo ó máximo!  Por se aínda non vos uníchedes, déixovos aquíSeguir lendo “A canle de Youtube do proxecto Guido Guía alcanza os 1000 subscritores”