Alta participación en “OLugoMáisArqueolóxico”, rutas guiadas pola cidade

Noticia emitida na Televisión de Galicia o 6 de febreiro do 2022

Un xeito diferente de combinar a arqueoloxía coas rutas pola cidade amurallada

A cidade máis descoñecida e soterrada emerxe dun xeito lúdico e amable, coa unión de arqueoloxía e ocio en Lugo

As rutas guiadas de Guido teñen gran poder de convocatoria. 
Esta fin de semana este guía oficial conseguiu darlle aos paseos que ofrece polos recunchos máis descoñecidos da cidade un novo atractivo: unha explicación arqueolóxica do Lugo sobre o que pisamos cada día.

Nesta cidade todo é historia e intrahistoria, a máis perceptible a que está a carón da muralla.

Son domingos á tarde alternativos, momentos para coñecer dun xeito práctico e grato o noso hábitat.

Dado o éxito do primeiro paseo guiado polo Lugo máis arqueolóxico, é moi posible que a convocatoria se repita.

A %d blogueros les gusta esto: