Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo o 13 de xaneiro do 2022

Busca crear sinerxías entre os dous campos cun ánimo divulgativo dun dos grandes patrimonios da cidade de Lugo

Guido Álvarez. AEP

O guía e activista turístico Guido Álvarez e o arqueólogo Francisco Herves unen os seus camiños e proxectos (Guido Guía e Fortes&Herves) nunha nova iniciativa bautizada como #OLugoMáisArqueolóxico.

“No 2022 nace esta nova colaboración que buscará crear, con apertura para todos os profesionais e persoas que se animen, unha nova sinerxía entre o turismo e a arqueoloxía na cidade de Lugo. Un camiño cara o desexado #LugoPatrimonioMundialDivulgación, intercambio de coñecementos e potenciais actividades relacionadas… ficade atentos!”, explica na súa páxina web Guido Álvarez.

Trátase dun proxecto orientado á divulgación dun dos grandes patrimonios que ten Lugo, o arqueolóxico, que emprenden un dos máis activos guías turísticos da cidade, como é Guido Álvarez, e unha das persoas que máis saben das escavacións que se fixeron en Lugo nas últimas décadas. Haberá paseos guiados e tamén outras actividades divulgativas sobre a arqueoloxía lucense. 

<img src="https://scontent-mad1-1.xx.fbcdn.net/v/t39.30808-6/271836715_790420305182160_4623383216429715301_n.jpg?_nc_cat=105&ccb=1-5&_nc_sid=8bfeb9&_nc_ohc=HtinAAB6Y0kAX9hY7xo&_nc_ht=scontent-mad1-1.xx&oh=00_AT9x5c3pFC08odZnojsL1YJ9wgtigytqaQxWcltnwPOy3w&oe=61E52ACB&quot; alt="May be an image of text that says 'Guido Francisco Hervés unen para difundir legado arqueológico REDACCION La piscina reducirá factura elé activista rístico Guido Álvarez queólogo Francisco Hervés caminosy proyectos Guía Fortes&Herves) una nueva iniciativa como Concello la instalación 300 generadores solares piscina es una las ocho instalaciones co- «
A %d blogueros les gusta esto: