Guido Guía lanza un novo proxecto literario e audiovisual: “Lugo e o mundo”

NOVO PROXECTO: GUIDO GUÍA: LUGO E O MUNDO 🌎

Levo meses, pero sobre todo as últimas semanas, pensando moito sobre os proxectos que quero abordar no 2022. Despois duns 2020 e 2021 de moito traballo, neste novo ano quero soltar un chisco o acelerador e volver un pouco ás esencias que xustamente me levaron a vivir tan bos momentos nos dous pasados anos.

O proxecto Guido Guía afortunadamente converteuse, en vinte e oito meses de historia como autónomo, nun proxecto de momento estable e con boas perspectivas. Por iso quero tratar de aproveitar este bo momento para poder volver escoller un pouco máis cada novo reto e así poder seguir evolucionando e medrando como profesional.

Nos últimos tempos recibín algunhas propostas, que nin moito menos descarto, para escribir algúns libros. Cústame dar o paso, pero sen embargo non nego que a idea me seduce 🙂 Por iso, como opción intermedia, decidín nos últimos días comezar o proxecto que agora vos anuncio: “GUIDO GUÍA: LUGO E O MUNDO”

Despois de darlle moitas voltas creo que é unha gran maneira de combinar moitas cousas positivas: as ganas de escribir, o meu arquivo fotográfico pasado e futuro, o bo momento que atraveso nas redes sociais… e tamén, por suposto, como interesante complemento para o meu traballo como guía e como docente universitario.

Tamén aproveitarei outra das miñas aprendizaxes dos últimos anos: o uso dos hashtags como etiquetas para as publicacións, neste caso serán #GuidoGuía e #LugoEOMundo🌎

A ver que vos parece! Esta semana comezarei con algunha publicación que poderedes ver xa en todas as redes: nun álbum que crearei na páxina de Facebook, en Twitter, Instagram, nunha pestana que crearei na miña web… e veremos se nalgunha outra rede máis. Grazas por formar parte de toda esta historia!! Imos alá 🙂

A %d blogueros les gusta esto: