Unha gala que puxo o acento na familia

Artigo publicado no diario El Progreso de Lugo (Miguel Olarte / Arsenio Coto) o 20 de novembro do 2021

Os Lucenses do Ano quixeron destacar nos seus discursos públicos o vital papel que desempeñaron os seus para que chegasen onde están

A que reuniu este venres tanto talento lucense e compromiso coa súa terra para entregar os premios Lucenses do Ano foi unha gala familiar. Familiar pola complicidade entre os asistentes, pero sobre todo porque os premiados reivindicaron o papel que xogaron os seus seres queridos para que chegasen a onde están, e algúns deles acompañáronos nesta cita. 

Pepe Coira recordou o impactado que quedou a primeira vez que viu tan de preto unha cámara. Foi, aos seis ou sete anos, cando o equipo dun programa de Televisión Española, Ayer, hoy y mañana de…, rodaba na súa de Rábade. Por certo, aproveitou para lanzar o anzol a ver se alguén pode conseguirle unha copia daquela gravación. 

Dous orgullosos pais, Ricardo Anido e Fernando Villapol, recolleron o premio dos seus laureados fillos, o artista urbano DiegoAS e a neurocientífica Sonia Villapol, respectivamente, que por motivos laborais estaban lonxe da súa patria chica. O músico Abraham Cupeiro, como ofrecía un concerto a esa hora, tamén tivo que delegar, no seu caso na súa esposa, María Ruiz

Carmen Lence atribuíu o seu premio ao legado do seu pai, Jesús Lence, cuxo falecemento obrigouna a asumir as rendas do principal grupo lácteo de capital galego, así como a súa familia e cadro de persoal. 

A %d blogueros les gusta esto: