A Piringalla ou o barrio Feijoo, algúns dos destinos das xornadas #LugoÉArtesanía desta fin de semana

Despois de máis de dous meses percorrendo a provincia, as xornadas viaxeiras #LugoÉArtesanía do Centro de Artesanía e Deseño chegan a algúns dos barrios da cidade de Lugo: A Piringalla, barrio Feijoo, Sagrado Corazón, centro histórico, A Milagrosa…

Acompañados por Guido Guía, o sábado os participantes farán visitas culturais á cidade e coñecerán de preto o traballo de construción de gaitas de Lis, o deseño en cerámica de Mi madre no me deja e a marroquinería de Querqur Leathercraft.

O domingo continuarán as visitas á cidade de Lugo con Guido Guía, camiño aos obradoiros de cerámica, gravado e cartón pedra de Ceniza de Papel, Augatinta e Marga Portomeñe.

As inscricións poden facerse no correo info.centrad@deputacionlugo.org, e tamén hai un teléfono de información 982210066


A %d blogueros les gusta esto: