A arte urbana vertebra os paseos en bici por Lugo

Noticia na Televisión de Galicia o 4 de setembro do 2021

A convocatoria é aberta para todo o mundo pero, debido á pandemia, só pode asistir un número limitado de persoas.

Hoxe quedaron ás once da mañá no parque Rosalía de Castro, e Guido vai guiando o paseo.

Van parando nos distintos graffiti da cidade e interprétanos.
Concepto Circo marcou un punto de inflexión na arte urbana en Lugo.

O paseo dura sobre dúas horas e visitan uns dez murais.

Estas rutas cicloturísticas están organizadas en colaboración co Concello.
Esta foi a última deste ano en bici.

Posiblemente para o verán próximo volva convocarse este xeito alternativo de coñecer a cidade, a cidade dos graffiti.