Xa é posible inscribirse nos 8 paseos guiados #PaseArte do mes de agosto en Lugo

Dende hoxe 1 de agosto xa é posible inscribirse nos paseos guiados -gratuítos- en bici e a pé do ciclo de visitas #PaseArte organizado por Cultura e Turismo de Lugo. Eu serei o voso guía!

Se queredes anotarvos é moi sinxelo: basta con acudir á Oficina Municipal de Turismo de Lugo, ou ben chamalos por teléfono ao 982251658.

EN BICI

Mércores 4 de agosto de 19h a 21h

Sábado 7 de agosto de 11h a 13h

Mércores 18 de agosto de 19h a 21h

Mércores 25 de agosto de 19h a 21h

Sábado 28 de agosto de 11h a 13h

A PÉ

Venres 6 de agosto 19h a 21h

Venres 20 de agosto 19h a 21h

Venres 27 de agosto 19h a 21h