O 23 de maio, V edición do paseo guiado “Un barrio sen reloxo” con Guido Guía en Lugo

Levamos dende xaneiro sen repetir un dos capítulos máis queridos e populares da serie #OLugoMenosCoñecido… é a hora! Quinta edición de #UnBarrioSenReloxo⏰, entre pitas 🐔 e historia ❤️

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)