O proxecto Guido Guía alcanza 10.000 seguidores de todo o mundo tras 6 anos de paseos por Lugo

Algúns dos meus soños de neno eran coñecer a persoas de todo o mundo, ter bos amigos, viaxar por moitos países… de máis maior soñei poder compartir Lugo e as belezas da vida con moitas persoas… e hoxe é para min un día moi emocionante por unha cifra que me fai unha especial ilusión: 10.000 compañeiros de aventura no proxecto da miña vida. Non teño palabras para darvos as grazas por tanto ❤ e só desexo poder seguir moitos anos desfrutando destes soños cumpridos con todos vós. Quérovos!!! Grazas!!!! 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣0️⃣❤