Guido Guía nos Tesouros de Duarte, sección do programa Fun Polo Aire da TVG

Onte no Fun Polo Aire da Televisión de Galicia emitiuse o meu encontro co gran Duarte Galbán na súa sección “Os Tesouros de Duarte”, que gravamos no xacemento arqueolóxico da Tinería. Emocióname terlle ensinado a todos os espectadores este lugar tan importante e tan descoñecido, desexando que sirva para a súa posta en valor!! A carón nada menos que de 4 Patrimonios Mundiais (Muralla Romana, Camiño Primitivo, Catedral de Santa María e muros a xunta seca do barrio do Carme) ❤️

A %d blogueros les gusta esto: