Novas datas, ata o 4 de abril, para os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

A serie de paseos guiados especiais #OLugoMenosCoñecido está sendo neste 2021 un verdadeiro éxito e un fermoso modo de seguir agardando a que a situación sanitaria mellore e poidamos facer novos capítulos e novas series en grupos máis numerosos. Así que… ampliamos calendario! Tomade nota e escribídenos a guidoguiaturismo@gmail.com se queredes inscribirvos 🙂