Fina Amoroso, de Castelo, será a primeira protagonista de #BarriosLucenses con Guido Guía

O vindeiro domingo 17 de xaneiro comezamos un novo proxecto que nos ten a todos moi ilusionados: a serie de paseos #BarriosLucenses, na que capítulo a capítulo iremos descubrindo e redescubrindo os barrios da cidade de Lugo.

Fotografía do barrio de Castelo nun dos días nos que Fina convidoume a pasear por alí este outono

Despois de 6 anos paseando xuntos pola cidade semana a semana, sacarémoslle partido a tantos coñecementos compartidos, e sobre todo á posibilidade de darlle protagonismo en cada paseo a un ou varios veciños de cada barrio. É algo que xa facemos de xeito espontáneo dende sempre, pero agora potenciarémolo dende a intención de darlle protagonismo cada día a un barrio e a uns veciños diferentes.

Estreamos polo tanto esta semana, e será na compañía da querida Fina Amoroso. Unha veciña do barrio de Castelo á que coñecín este verán no paseo #UnBarrioSenReloxo e que dende entón converteuse nunha moi boa amiga que a miúdo instrúeme sobre a historia e anecdotario do seu precioso barrio. Ídelo desfrutar!

Fina Amoroso, cuarta comezando pola dereita, o día que nos coñecimos (paseo #UnBarrioSenReloxo)