Guido Guía lanza novos paseos: #BarriosLucenses, no que os veciños tomarán protagonismo

Hoxe anunciamos a primeira gran novidade deste ano no proxecto Guido Guía 🙂 Comezamos unha nova serie de paseos guiados chamada #BarriosLucenses ❤ Capítulo a capítulo iremos descubrindo curiosidades e darémoslle protagonismo ós veciños da cidade para xerar un gran intercambio 🌟 Comezamos o domingo 17 con #Castelo! Convidada especial: Fina Amoroso

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo destes paseos é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos das experiencias serán compartidas co fin de dalas a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Nestes paseos aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)