O 2 de xaneiro volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido con Guido Guía

Despois de mes e medio de pausa, en xaneiro volvemos á actividade ❤ De momento con grupos pequenos (os protocolos marcan un máximo de 6 persoas por grupo incluído o guía) pero con toda a ilusión do mundo 🌟 Comezamos con tres datas de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido!

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo destes paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos das experiencias serán compartidas co fin de dalas a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego o polo seu apoio!

(Nestes paseos aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)

A %d blogueros les gusta esto: