O lucense Guille Paz (Nesui), 3º posto na Liga Nacional de Graffiti 2020

Artigo escrito para o Lugo Xornal e Galicia Confidencial o 18 de novembro do 2020

O compoñente do colectivo Otro Prisma foi galardoado despois de todo un ano de votacións con 529 puntos, 57 máis que o cuarto clasificado e 71 menos que o vencedor

Retrato de Roberto Benigni | Guille Paz @nesui.src

Vinte semanas de votacións remataron, e tralo reconto hoxe a Liga Nacional de Graffiti anunciou a clasificación final. A parte do premio material, como recoñecemento ós vencedores, Guille Paz pintará en El Corte Inglés da rúa Princesa en Madrid o día 30 de novembro, así como tamén terá a posibilidade de facelo no evento y la posibilidad de pintar no evento Trapagraff 2021. Deixámosvos algunhas das obras coas que o lucense Nesui deleitou este ano na @liganacionaldegraffiti.